TVG: Volve hoxe o humor no «Land Rober Tunai Show»

Os espectadores de “Land Rober Tunai Show” asistirán este xoves a un programa con ración extra de humor e risas, con nada máis e nada menos que catro sketchs. Roberto Vilar, Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias veñen dispostos a pintar a mona máis ca nunca e a trasladar a diversión do estudio ás casas dos espectadores.

O espazo da TVG recibirá hoxe a Covadonga Berdiñas, actriz de televisión e teatro, lembrada con moito agarimo polo seu papel de Puri nunha serie mítica da Galega: “Padre Casares”.

E como de ir a rego cheo vai a cousa, “Land Rober Tunai Show” tamén contará coa presenza do mítico Quique Morales, o rei dos directos. Quen será o que teña que poñer a proba a súa intuición no “Quen vés sendo”?

A REVISTA

O Festival Mar de Mares pediulle a fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier unha serie de 80 fotografías sobre o vínculo entre o home e o mar para mostrar nas paredes da sala de exposicións de Palexco, na Coruña, e hoxe o programa “A Revista”, recibirá a visita desta artista. Nunha semana, a mexicana retratou Galicia coa súa cámara e creou a exposición “Na Beira”, que xa se pode visitar na cidade herculina. Ademais, no estudio de gravación tamén estará o cantante arxentino Andy Chango, que presenta hoxe en Santiago de Compostela o seu novo disco: “El hombre nada”.

Por outra parte, a falta de chuvias en Galicia deixou ao descuberto a antiga vila de Portomarín, en Lugo e os reporteiros do magazine darán conta deste feito. O equipo do programa tamén viaxará ata Ourense para estar na Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, máis coñecida como Termatalia, que é o punto de referencia internacional destes negocios e que contará coa participación de 260 expositores, 30 touroperadores e 40 países representados.

MINUTADO do 21/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe os espazos “A Entrevista”, hoxe coa xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, María Xesús Muñoz, e “O Faladoiro”, cos xornalistas Roi Rodríguez, María Méndez e Domingos Sampedro e co escritor Francisco Castro.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Bacallau ao mel”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:30

O FARO Cap. 260

Serie. Lucía ten unha discusión coa súa prima Eva, acabada de chegar. Lucía botou a Susana pensando que as estaba estafando cos seus “poderes” e que non as estaba axudando en nada a atopar o seu fillo Diego. Eva considera que, maila que só fora para calmar á súa tía Ánxela, Susana debería quedar. Luís advírtelle a Erea que non debería aceptar o traballo de azafata. Pola súa parte, no negocio dos Torres, Mario sabe que Gaspar quere vender a empresa e dubida se decirllo a Arturo.

12:20

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:10

GALEGOS NO MUNDO “Ámsterdam”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:15

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.
Hoxe amosará un auténtico universo de contrastes entrando en vivendas de Santiago, Gondomar, Negreira e Vilagarcía.

19:55

PEZAS ERA VISTO “San Cosme” – “O loro”

20:20

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación.
Ración extra de humor no “Land Rober Tunai Show” desta noite, que recibirá a visita de Covadonga Berdiñas e Quique Morales.

00:25

SOPA DE FESTA (Rep.)

01:00

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

01:15

QUE CASAS! (Rep.)

02:05

COMA UN ALLO (Rep.)

02:35

CON AMOR E COMPAÑÍA (Rep.)

03:30

MAR DE FONDO

Santiago Pemán informa sobre as condicións meteorolóxicas marítimas

03:35

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:05

TI VERÁS (Rep.)

05:55

GALEGOS NO MUNDO (Rep.)

06:45

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar