A Xunta concede axudas a familias numerosas para estadías en Manzaneda

 

 

A Xunta de Galicia vén de resolver as solicitudes de axudas económicas rexistradas para participar nunha nova edición do programa Montaña en Familia da Consellería de Política Social. Así, o número de peticións admitidas é de 64 e denegáronse soamente 10 por non axustarse aos requirimentos da convocatoria, que estaba dirixida ás familias numerosas de Galicia.

A contía das achegas posta a disposición das familias ascende a 20.000 euros, o que permitirá aos beneficiarios gozar por un prezo reducido de estadías completas de fin de semana no Parque Natural Manzaneda – Estación de Montaña. Esta axuda ascende a 35 euros por persoa e estadía para nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 35,7 euros para os menores de 12 anos.

Cómpre lembrar que a orde deste ano presentaba como principal novidade con respecto a convocatorias anteriores o feito de que podían solicitar as axudas aquelas familias numerosas cunha renda per cápita de ata 10.500 euros anuais, a diferenza de 2015 que estaba limitada aos 7.500 euros. Deste xeito, ampliouse o programa a un maior número de potenciais beneficiarios.

O programa Montaña en Familia forma parte da Estratexia de apoio ás familias numerosas de Galicia. En concreto, enmárcase no obxectivo de potenciar o desenvolvemento sociocultural e a calidade de vida dos nenos/as, das familias e dos seus membros mediante iniciativas como as vacacións interxeracionais, dentro da que se encontra este programa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar