O «Piano Meeting» converterá a Ourense no maior auditorio ao aire libre

Os pianos do festival «Piano Meeting Ourense 2017» comezarán a soar de maneira simultánea a partir das 12 da mañá do sábado 23 de setembro.

Estarán situados no Xardín do Posío, Parque de San Lázaro, As Burgas e a Praza Maior, espazos singulares escollidos para facer de Ourense o maior auditorio ao aire libre de Galicia.

«Estamos ante unha innovadora iniciativa cultural, que sitúa a Ourense como centro neurálxico da Cultura e da música en directo, e que pon en valor non só a arte do piano, senón tamén a idoneidade da cidade como espazo perfecto que é para certames culturais que dinamizan o sector, ademáis de ser a oportunidade perfecta para visitar a cidade cun espectáculo nunca antes visto», sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Ademais de certames coma o Pórtico do Paraíso, o Ciclo de lírica ou o Enclave de Cámara, “agora queremos sacar a música ás rúas, e que mellor que un piano para visibilizar esta aposta”, sinala o rexedor ourensán.

Organizado conxuntamente polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Cultura) e Viaqua, o Piano Meeting “quere converter Ourense no maior auditorio ao aire libre”, en palabras de Javier Otero.

 

Neira, director artístico do Piano Meeting

 

Ademais, neste certame ten cabida todo o mundo: haberá obradoiros para neófitos do piano, nos que recibirán unha breve clase para conseguir tocar algo no momento. Haberá oportunidade para que a xente da rúa, con coñecementos suficientes para tocar o piano, participe, e poida apuntarse e experimentar a inigualable sensación de tocar un piano en plena rúa.

No apartado profesional, os primeiros pianistas en actuar serán Jacobo Ramos, Miguel Guillermo Sáez, Salomé Garrido e Michelle Pena, finalistas do Concurso do Festival.

Ademais dos finalistas do concurso, participan neste festival a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, que actuará ás 17:30 na Praza Maior; a Asociación Pianeiros, de A Coruña; e a escola de música En Clave, de Santiago de Compostela.

No concerto final participarán os 20 finalistas do concurso, aos que se sumarán os pianistas profesionais Javier Otero Neira, director do Festival, Abe Rádabe, Nicasio Gradaille, Fernando Buide e Esthesia Piano Dúo. Será un concerto a 8 mans no que irán rotando máis de 25 pianistas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar