A Televisión de Galicia, líder absoluto de audiencia

A Televisión de Galicia fíxose onte co liderado absoluto en informativos e entretemento entre todas as canles que se puideron ver en Galicia, cunha cota do 13,7% de media no conxunto do día e cunha audiencia total do 33,4% dos galegos de máis de catro anos. Ningunha outra canle chegou a ese número.

Os espectadores apostaron polos informativos de proximidade co “Galicia Noticias”, que acadou un 28% de share e que durante a súa emisión levou a TVG ao seu pico máximo superando o 36%. O “Telexornal Mediodía” foi o seguinte espazo informativo con máis cota de pantalla cun 26,1% e cunha audiencia media de 181.000 persoas.

En canto ao espazo de humor “Land Rober Tunai Show”, foi o programa de entretemento máis seguido cun 27,4% de share na súa volta á programación e mesmo acadou unha cota superior ao 30% no minuto de ouro ás 22.53h. Ademais, no total do prime time, a Galega obtivo un 18,4%, polo que superou en máis de 7 puntos a outras canles nesa faixa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar