TVG: Nova temporada de «Luar» con sorpresas variadas

Un dos espazos máis queridos pola audiencia da Galega, o “Luar”, regresa esta noite á Televisión de Galicia cunha chea de novas propostas, sorpresas e un elenco de artistas de primeira liña. Por se estas novas non fosen motivo de ledicia suficiente, o programa inicia a súa temporada 26 arroupado por un novo recoñecemento, o que lle outorgou hoxe a Asociación Día de Galicia en Asturias, no marco dos actos de celebración do 22 aniversario deste colectivo, cun acto de irmandade entre as empresas asturianas e galegas.

Tras un breve e necesario descanso, Xosé R. Gayoso retoma o seu entusiasmo á fronte do experimentado equipo de “Luar” con interesantes incorporacións e novidades, que de seguro que farán as delicias dos espectadores. Un dos grandes segredos que garda o programa é o nome da copresentadora con quen compartirá escenario esta temporada. Como pista, o musical avanza que se trata dunha recoñecida artista galega.

O concurso “Recantos”, co desexo de descubrir e lanzar novos talentos no eido musical, inicia este venres a súa oitava edición, cunha substancial modificación na súa dinámica de competición, xa que os aspirantes poderanse votar entre eles e os integrantes do xurado non serán sempre os mesmos. Nesta temporada, xunto a Tania Fuegho e Manuel DeAndrade, un posto do xurado será sempre sorpresa, posto que rotará cada semana. Outra das primicias deste certame é que entre os 20 recanteiros participantes hai un concursante do país veciño. Hoxe abren a competición Lucía Aral (Ourense sur) e O Chylava (terras do Eume). Precisamente, tamén actuarán a dúo o gañador da última edición, o vigués Antonio Barros, e a finalista Ruth Cundíns.

Outros contidos que se integran desde hoxe en “Luar” son: “Sabor a Gloria”, trucos de cociña a cargo de Gloria Mascuñana, e “Contos de Lareira”, narrados polo contador de historias, Celso Sanmartín. Continúan os “Trucos de Barrio”, con Rocío Barrio, as entrevistas curiosas, o concurso telefónico e a “Sección de Circo”, onde haberá números de maxia e trapecistas, entre outros.

Luar”, fiel ao seu compromiso coa música, en todas as súas vertentes e estilos, desde a popular á máis actual, predominando sempre os artistas que cantan en galego, tenlle preparado á audiencia no seu arranque de temporada todo un elenco de altura. Así, esta noite intervirán a cantante Soraya, que retoma a súa carreira artística repleta de enerxía tras estrearse como nai; a cubana Lucrecia, un exemplo de vitalidade e de ledicia en cada unha das súas actuacións; a agrupación Cantigas e Agarimos, de Compostela; a orquestra Ledicia; o dúo de rapaces que integran La Nota; e o showman galego, Moncho Borrajo co seu humor ácido.

Premio a toda unha traxectoria en “Luar”

Hoxe Gayoso volveu ser destacado pola súa traxectoria á fronte do programa “Luar”. En verbas do presidente da Asociación Día de Galicia en Asturias, Manuel Fernández Quevedo, que fai entrega do recoñecemento, “para os galegos, tanto os que viven aí como fóra, Xosé Ramón Gayoso e Xosé Manuel Piñeiro son dúas institucións en Galicia. Despois de 25 anos presentando un programa coma “Luar”, este é un premio ben merecido”, sinalou.

O galardón, concedido nun encontro entre empresas asturianas e galegas, enmarcado na celebración do 22 aniversario deste colectivo, recolleuno en Oviedo a artista galega Lucía Pérez, que ademais actuará nos actos do sábado. O programa finalizará o domingo, data en que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, será nomeado presidente de honra da Asociación.

Para Xosé R. Gayoso, “sempre que hai un premio entendémolo como un recoñecemento ao labor de todos. Neste caso, que alguén de fóra se fixe no traballo que facemos desde unha televisión autonómica, recíbelo con alegría e moita responsabilidade. E, con máis razón, tratándose dun galardón que procede de Asturias, á que nos unen non só vínculos sentimentais, senón que tamén polo feito de ser veciños estamos máis impregnados das tradicións e da cultura”.

O presentador lamentou non poder recoller hoxe esta distinción, aínda que se amosou satisfeito de que o faga no nome do programa Lucía Pérez, unha artista moi unida á TVG e a “Luar”, onde comezou hai anos no concurso “Recantos” a súa carreira artística.

A REVISTA

Hoxe, os reporteiros de “A Revista” coñecerán en Carballo a Chus Arán, un home que ten na súa casa 850 botellas de Coca-Cola procedentes de numerosos países. A afección é recente, xa que comezou fai uns oito anos cando lle regalaron unhas botellas na Coruña. Ademais, o programa visitará na Praza da Ferrería, en Pontevedra, a Ruta de “Enotruck”, unha actividade levada a cabo pola marca Enoturismo de Galicia e coa que percorren a comunidade cunha furgoneta co fin de promover os viños galegos.

Por outra banda, o programa contará coa visita do científico e divulgador Jorge Mira, que dende o luns colabora no novo concurso da Televisión de Galicia, “Coma un allo”, no que resolverá dúbidas e ampliará a información que se vaia coñecendo. Ademais, o presentador Sevi Martínez conversará con Luciano Varela e Fernán Mejuto, membros do grupo Mamihlapinatapai, establecidos nos Países Baixos e que esta semana regresan á Galicia en que naceron para ser protagonistas dunha actuación na Coruña. Por último o colaborador e experto en animais, Octavio Villazala, traerá ao estudio de gravación un can que gañou un gran número de campionatos españois e internacionais.

MINUTADO do 15/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

:

10:50

REPORTAXES «VIVIR AQUÍ»: «Recuperación fauna salvaxe»

11:05

A COCIÑA DE ANDRÉ : «Garavanzos con xamón»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:30

O FARO Cap. 256

Serie. Carme chamou a Ánxela para dicirlle que quere axudar a atopar a Diego, pero recibe un anónimo que as advirte de que non avisen a policía. No Faro, todas cren que os “poderes” de Susana poderán axudalas a atopar o neno. Pero Ricardo di que as está enganando e aproveitándose delas. Erea quedou sen paga mensual dos seus pais e foi despedida de Samáns por pedir un aumento de soldo. Por sorte para ela, comeza con éxito un achegamento amoroso con Gonzalo. Víctor, xa na China, coñece a Feng, a que será a súa intérprete.

:

12:25

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe «Adiantos Informativos».

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:45

COMO UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

:

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:20

GALEGOS NO MUNDO: «Berlín»

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares. En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.

18:20

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe, visitará Poio para coñecer a famosa Casa Domínguez, do arquitecto Alejandro de la Sota. Tamén estará nunha casa que ten unha metade en Ames e outra en Santiago de Compostela. En Rábade e Mugardos, “Qué Casas!” verá exemplos maxistrais de vivendas reformadas. A ruta completarase nunha casa de formigón en Miño e noutra en Lugo que ten unha piscina no tellado.

:

20:05

PEZAS ERA VISTO: «Lino libre»

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e española. Hoxe, comeza nova temporada, con variadas sorpresas e contidos que Gayoso irá desvelando ao longo da noite. O nome da copresentadora, os integrantes do xurado de “Recantos”, que incorpora un concursante do país veciño, así como seccións divertidas, abraiarán a audiencia. Programa de altura, amais, coas actuacións de Soraya, Lucrecia, Moncho Borrajo, a agrupación Cantigas e Agarimos e a orquestra Leticia.

:

01:35

CASAMOS!: «A historia de amor de Selene e Enrique»

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Selene e Enrique son os protagonistas desta semana de «Casamos!». Coñecéronse hai nove anos e, despois de superar todas as dificultades e máis unidos ca nunca, decidiron seren pais. Froito do seu amor naceu Noa, pero unha enfermidade da pequena fíxolles pasar os peores días das súas vidas. Agora están convencidos de que chegou o momento de comezar de cero e, a pesar das dificultades económicas, están a preparar unha cerimonia ben especial.

:

02:30

TELEXORNAL NOITE

02:40

QUE CASAS! (Rep.)

:

03:30

REPORTAXES «VIVIR AQUÍ» : «Captura»

03:45

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:05

TI VERÁS (Rep.)

:

06:00

GALEGOS NO MUNDO: «Berlín» (Rep.)

06:50

A REVISTA (Rep.)

 :

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar