La Confederación de Empresarios de Ourense anuncia su 40 aniversario

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, e a membros do equipo directivo da organización empresarial, con motivo da celebración este ano do 40ª aniversario da CEO. Pérez Canal presentoulle ao presidente da Deputación o programa de actividades que desenvolverá a entidade para conmemorar esta data, iniciativas que comezarán a principios de outono e entre as que figura a edición dunha publicación que repasa os corenta anos de actividade institucional e profesional da CEO.

Manuel Baltar felicitou aos directivos da Confederación Empresarial “por estas catro décadas de labor a prol da competitividade da provincia de Ourense e pola defensa dos intereses das empresas ourensás”, e destacou “a permanente cooperación que mantén a Deputación de Ourense coa CEO, unha alianza que ten como obxectivo seguir avanzando nos proxectos que favorezan o emprego, a innovación e a internacionalización da nosa provincia”.

Xunto a Manuel Baltar e Pérez Canal participaron na reunión os vicepresidentes da CEO Alejandro Cruz, Manuel Maneiro e Jose Manuel Díaz; a contadora Rosa Mª Sánchez; o tesoureiro, Juan Manuel Piñeiro, e o secretario xeral, Jaime Pereira.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar