O Concello de Vigo inicia a reforma do Mercado de Teis

O alcalde de Vigo adiantou o inicio do procedemento para acometer o proxecto, que incluirá renovacións no interior e no exterior do espazo. Fíxoo durante a presentación da 4ª Ruta de Pinchos de Teis que xa está en marcha.

«Queremos facer unha gran reforma» despois das que xa realizamos nos mercados do Progreso e no do Berbés. «Agora é a quenda de Teis e xa iniciamos o procedemento administrativo para acometela» coa redacción do proxecto de rehabilitación que incluirá, entre outros aspectos, a renovación do pavimento, a reforma e adaptación dos baños ou o pintado interior e exterior.

Abel Caballero fixo estas declaracións durante a visita ao Mercado de Teis, onde estivo na presentación da cuarta edición da Ruta de Pinchos de Teis que organiza a Asociación de Comerciantes de Teis-ZonaTeis CCA (Centro Comercial Aberto) animando a toda a cidadanía a participar. A iniciativa conta con 17 establecementos que presentarán as súas propostas gastronómicas, que serán votadas polos clientes premiando ás mellores.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar