TVG lidera o “prime time”

   A Televisión de Galicia fíxose co liderado no prime time este mércores 9 de agosto, tanto entre todas as canles que se puideron ver en Galicia coma entre as autonómicas. Acadou unha cota media do 14%, superando a seguinte canle en Galicia en máis dun punto de cota.

No acumulado diario, a TVG acadou unha cota do 10,7%, liderando o conxunto de canles autonómicas e sendo segunda en Galicia, mantendo o liderado autonómico no que vai de ano, cunha cota media do 10,4%.

Cómpre salientar que a TVG se fixo onte día 9 con 4 dos 5 programas de maior audiencia de toda a oferta que se puido ver en Galicia. Destacan o “Telexornal Mediodía”, cunha cota de pantalla do 24,8% e “Casamos”, cun 17,5% de share, que foi programa non informativo, ou de entretemento, máis visto de toda a oferta televisiva. Ademais, “Galicia Noticias Mediodía” fíxose cunha cota de pantalla do 29,6% e contou co minuto de ouro en Galicia, ás 14:16, cunha audiencia de máis de 200.000 galegos e cunha cota de pantalla superior ao 38%.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto