XXIV edición da Festa da Bicicleta de Vilalba

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu en Vilalba á celebración da XXIV Festa da Bicicleta, organizada polo Centro Xuventude da Xunta de Galicia. Veciños e veciñas de todas as idades participaron un ano máis neste arraigado evento con saída e chegada na praza da Constitución deste municipio lucense.

Cecilia Vázquez salientou o carácter senlleiro e interxeracional desta festa que “fomenta o deporte na rúa e a vida saudable, ademais de propiciar que a xente nova, os pequenos e os maiores compartan valores, actitudes, respecto e espírito de equipo”. Así mesmo, a directora xeral referiuse ao feito de que se trata dun evento solidario, xa que os participantes doan alimentos que son entregados ao banco de alimentos para a súa xestión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar