TVG: Os “Larpeiros” cociñarán peixiños fritidos

O produto protagonista do programa de hoxe de “Larpeiros” é a faneca, un peixe moi rico que se pesca en toda a costa de Galicia pero que, curiosamente, non conta con ningunha festa na súa honra. As fanequiñas fritidas son unha delicatessen, unha auténtica delicia, e xa non falemos cando están nunha fritura variada de peixes, acompañadas de xoubiñas, xurelos, salmonetes ou luras. Aos “Larpeiros” encántanlles os peixes pequenos e, se van acompañados cunhas patacas cocidas, a festa xa é rachada.

Como de peixiños pequenos vai a cousa, don Benigno propón facer, coa axuda de dona Lola, un xantar que sorprende o resto dos comensais: unha fritada de peixes e verduras asadas. Aproveitando a gran variedade de verduras que hai nesta época do ano, os cociñeiros acompañan os peixiños cunhas ao estilo da famosa escalivada de Cataluña. Peixes do Atlántico e verduras ao estilo mediterráneo.

Para isto, Adrián, o “larpeiro” investigador por excelencia, vai a Cambados, onde, coa axuda de Daniel, se converte en todo un experto na pesca da faneca. Ten que embarcar e traballar como un auténtico lobo de mar se quere levarlles aos seus compañeiros unhas fanecas á altura da ocasión. Pero a súa recompensa por tan duro traballo é de volta á casa e en forma de doce, co crocante de froitas preparado por Merchi e Leni.

SOPA DE FESTA

O pemento de Mougán será o protagonista de hoxe dunha nova edición do programa gastronómico e máis festeiro da Televisión de Galicia, Sopa de Festa. O equipo trasladouse ata as terras lucenses de Guntín para compartir cos veciños desta localidade a exaltación deste produto tan característico da zona celebrando a XVI Festa do Pemento de Mougán.

Pero antes de asistir a esta festa, as cámaras do programa visitaron un produtor de pementos para coñecer as súas principais características. Un produto único e exclusivo destas terras que goza do distintintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que cada ano é máis coñecido polos consumidores, que din que unha vez que se proba o seu sabor é inconfundible.

Xa mergullados na parte máis festiva da xornada, os espectadores galegos comprobarán como os veciños de Guntín e a súa contorna se reúnen na carballeira de Meixaboi non só para exaltar o seu produto máis coñecido, senón tamén para compartir unha xornada gastronómica e festeira acompañados de familiares, amigos e visitantes.

ROMARÍA DO NASEIRO E DA NOSA SEÑORA DA LANZADA

A Romaría do Naseiro é coñecida como “A Romaxe do Bo Xantar”, xa que é por excelencia a romería gastronómica mais importante de Galicia, como esta noite comprobarán os espectadores da TVG, que ofrece un programa especial sobre esta festa.

As casetas en que os viveirenses habitan no Naseiro son autenticamente de luxo e nelas non falta de nada: electrodomésticos, sofás, camas e un longo etcétera. As comidas son tamén de luxo. Ademáis da típica churrascada, son habituais as mariscadas e outras viandas de auténtico nivel.

O venres é o día do polbo, que dá comezo á romaría. A sesión vermú do sábado é espectacular e o percorrido polas mesas, un placer gastronómico, onde non falta a música e o bo humor. A festa remata o luns co descenso do Landro, onde os máis atrevidos se lanzan rio abaixo para celebrar unha ginkana acuática cargada de diversión.

A parroquia de Noalla, en Sanxenxo, celebra o último domingo de agosto a Romaría de Nosa Señora da Lanzada. Como poderán ver os espectadores da TVG, ese día centos de parellas acoden á Virxe pedindo axuda para concibir un fillo. Para isto, teñen que cumprir coa tradición de coller as nove ondas ou varrer a ermida ao amencer. Tamén os mariñeiros lle piden protección á santa que, situada aos pés do Atlántico, vela pola boa fortuna dos traballadores do mar.

As cámaras da TVG retratarán esta xornada de intensa devoción e emoción para aqueles que, un ano despois de ter visitado a Ermida de Nosa Señora da Lanzada, acoden cun cativo en brazos para agradecer a axuda da Virxe.

A REVISTA

A Revista” estará en directo nas festas de Chantada, que pecharán hoxe coa Festa da Empanada, celebrada no campo de San Lucas. Os asistentes poderán gozar dos produtos que alí se sirvan, como polbo á feira, churrasco, tortillas, sobremesas típicas da zona e, por suposto, a protagonista, a empanada. Pola noite, ademais, terá lugar unha gran verbena a cargo de orquestra Tango, que amenizará a velada ata altas horas da madrugada. Os reporteiros tamén estarán en Sanxenxo, que hoxe acolle a nova edición da campaña “Dalle luz a túa factura”, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Consumo e o Inega, e que ten como obxectivo dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica.

Ademais, Sevi Martinez, o presentador do magazine, conversará con Daniel Alvite, vogal do Colexio de fisioterapeutas de Galicia, da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, coa que, a partir de videoconsellos, cada mes os fisioterapeutas galegos queren incidir na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde. Este mes darán consellos para previr as lesións medulares. No estudio de gravación tamén estarán os colaboradores Alba Cons, readaptadora física, e Carlos Roma, experto en moda.

MINUTADO do 29/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

AXUSTES AQUI GALICIA

08:05

TOP 10 “A fervenza preferida polos galegos”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” cos economistas Maite Cancelo Marquez e Miguel Vázquez Taín.

:

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Fideuá de verduras e tenreira”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 243

Serie. Erea usou as súas armas para conseguir o pase permanente de Lucía das mans de Damián. Xa ten todo o que necesita para encontrar a Ricardo e destapar o gran segredo de Lucía. Damián séntese moi mal e quere contarlle o acontecido a Ánxela. Na familia Torres, Ana ameaza a Arturo, ten que contarlle a situación real da empresa a Gaspar. Arturo non quere enfrontarse a esa situación e Ana acaba marchando da casa. Patri comeza a buscar a Hugo coa axuda de Ana, as dúas mulleres entablan unha bonita amizade. Nos Samáns, Víctor quere ser o arquitecto da obra do complexo, pero Carme xa lle asignou a outro arquitecto ese proxecto.

:

12:00

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

:

12:35

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ESPECIAL AQUÍ HAI PRAIA DO MARTES

:

16:10

O TEMPO

16:25

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:15

GALEGOS NO MUNDO “Bos Aires”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.Hoxe visitamos Bos Aires

19:15

PEZAS ERA VISTO “O piercing”

19:25

ERA VISTO! “O espiritismo – O xenio das finanzas – Kevin sonámbulo”

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

:

19:55

ESCOBA ! “A cea”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

:

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

MENÚ G

Avance da programación desta noite na TVG

:

22:15

LARPEIROS “Peixes pequenos!”

O produto protagonista do programa de hoxe de “Larpeiros” é a faneca, un peixe moi rico que se pesca en toda a costa de Galicia pero que, curiosamente, non conta con ningunha festa na súa honra. As fanequiñas fritidas son unha delicatessen, unha auténtica delicia, e xa non falemos cando están nunha fritura variada de peixes, acompañadas de xoubiñas, xurelos, salmonetes ou luras. Aos “Larpeiros” encántanlles os peixes pequenos e, se van acompañados cunhas patacas cocidas, a festa xa é rachada.

:

22:45

ROMARÍA DO NASEIRO DE VIVEIRO ’17

A Romaría do Naseiro é coñecida como “A Romaxe do Bo Xantar”, xa que é por excelencia a romería gastronómica mais importante de Galicia, como esta noite comprobarán os espectadores da TVG, que ofrece un programa especial sobre esta festa.

23:15

SOPA DE FESTA “Pemento de Mougán”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. O pemento de Mougán será o protagonista de programa gastronómico e máis festeiro da Televisión de Galicia, “Sopa de Festa”. O equipo trasladouse ata as terras lucenses de Guntín para compartir cos veciños desta localidade a exaltación deste produto tan característico da zona celebrando a XVI Festa do Pemento de Mougán.

:

23:50

ROMARÍA DE NOSA SEÑORA DA LANZADA ’17

A parroquia de Noalla, en Sanxenxo, celebra o último domingo de agosto a Romaría de Nosa Señora da Lanzada. Como poderán ver os espectadores da TVG, ese día centos de parellas acoden á Virxe pedindo axuda para concibir un fillo. Para isto, teñen que cumprir coa tradición de coller as nove ondas ou varrer a ermida ao amencer. Tamén os mariñeiros lle piden protección á santa que, situada aos pés do Atlántico, vela pola boa fortuna dos traballadores do mar.

:

00:15

CINEMA DE NOITE “Maxia ao luar”

Maxia ao luar” (“Magic in the moonlight”)de Woody Allen
con Colin Firth, Emma Stone, Marcia Gay Harden, Jacki Weaver, Eileen Atkins, Hamish Linklater, Simon McBurney, Catherine McCormack. EUA, 2014, cor, 92’, comedia
Na Francia dos anos 20, durante a época dourada do jazz, un mago inglés (Colin Firth) está decidido a desenmascarar unha falsa médium (Emma Stone). Isto desencadeará unha serie de feitos máxicos que sacudirán a vida de ambos.

:

01:50

TELEXORNAL NOITE

02:00

LARPEIROS “Peixes pequenos!” (Rep.)

:

02:30

ROMARÍA DO NASEIRO DE VIVEIRO ’17 (Rep.)

03:00

SOPA DE FESTA “Pemento de Mougán” (Rep.)

:

03:30

ROMARÍA DE NOSA SEÑORA DA LANZADA ’17 (Rep.)

:

04:00

NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

04:15

MAR DE FONDO MARTES

Información do estado do mar

04:20

SONS NA NOITE

04:40

NOITE DE JAZZ

05:15

TI VERÁS

:

07:00

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Martes, 29.08.2017

CINEMA DE NOITE (00.15 h.)

MAXIA AO LUAR”

(“Magic in the moonlight”)

Director: Woody Allen

Elenco: Colin Firth, Emma Stone, Marcia Gay Harden, Jacki Weaver, Eileen Atkins, Hamish Linklater, Simon McBurney, Catherine McCormack. EUA, 2014, cor, 92’, comedia

*SINOPSE*

Na Francia dos anos 20, durante a época dourada do jazz, un mago inglés (Colin Firth) está decidido a desenmascarar a unha falsa médium (Emma Stone). Esto desencadeará unha serie de feitos máxicos que sacudirán a vida de ambos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar