Festa da Istoria de Ribadavia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron onte á Festa da Istoria de Ribadavia, que cumpre a súa edición número 29 e que é unha das 12 festas galegas que contan coa declaración de Interese Turístico Nacional.

Nava Castro e Marisol Díaz Mouteira puideron gozar, xunto aos veciños e turistas, de algunhas das actividades do amplo programa previsto, como as recreacións históricas no Castelo ou o Desfile da Istoria, ademais da animación nas prazas e rúas do casco histórico de Ribadavia, que contan ao longo do día con compañías de teatro e grupos de música.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar