420 viviendas de Ourense disporán de nova rede de saneamento

O Concello de Ourense renovará a rede de saneamento para 420 vivendas que se sitúan no tramo esquerdo da Avenida de Zamora, entre os números 1 e 69.

Grazas ao bo entendemento entre o Concello, a empresa concesionaria de auga e a Consellería de Infraestruturas, melloraranse unha ampla rede de conduccion de auga cun investimento que rondará os 60.000 euros de orzamento, ive incluído.

Para o alcalde de Ourense, trátase dunha mellora “importantísimo
para os veciños da zona, xa que no que vai de ano xa sufriron 6 avarías que deixaron sen servizo a 140 vivendas”, en palabras de Jesús Vázquez.

Nunha reunión mantida no Concello de Ourense entre o alcalde, un técnico da Consellería de Infraestruturas e o director de Viaqua,

Julio Masid, o responsable da empresa concesionaria explicou que se actuará sobre un total de 765 metros da Avenida de Zamora, prestando especial atención á infraestrutura máis obsoleta. Porén, a mellora no servizo será notable para as 420 vivendas afectadas.

As obras de mellora darán comezo no mes de setembro, e faranse por tramos para causar as menores molestias posibles. Aínda así, será preciso realizar modificacións puntuais no tráfico, resultando tamén afectadas as beirarrúas. Ademais, desde Viaqua puntualizan que será necesario realizar algún corte de auga, pero serán informados previamente estarán planificados de xeito que sexan os menos posibles e nas horas menos críticas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar