Baltar destaca o potencial das festas gastronómicas de Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na «Festa do Emigrante» e na XI «Festa do arroz con leite» que organiza o Concello de Esgos, no que é concelleiro, onde destacou as altas cifras de asistentes e a gran capacidade organizativa da provincia en tódalas festas gastronómicas e culturais que acolle o noso territorio no que vai de verán.

Nese mesmo senso, Baltar lembrou ca provincia de Ourense conta con «tradicións, capacidade para poñelas en valor e produtos gastronómicos de primeiro nivel, razóns de máis para falar alto e claro do bofacer de Ourense neste eido». En canto ao éxito destas celebracións, o presidente do goberno provincial dixo que «os mellores xuíces son os participantes en todos estes eventos porque repiten ano tras ano e atraen a novos visitantes que comproban o carácter do noso pobo e o potencial agroalimentario».

«Dende o goberno provincial erixímonos en aliados de todas estas celebracións, colaborando cos concellos e facendo Ourense día a día, a través de liñas de axudas específicas que fan posible reunións de tanto éxito como as que forman parte dun calendario de citas gastronómicas e culturais tan completo como o que os ourensáns somos capaces de proxectar», sinalou Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar