Ferrol participa na programación de Vive o Camiño

A programación de Vive o Camiño, iniciativa de promoción e dinamización do Camiño Inglés impulsada por Turismo de Galicia, botou a andar en Ferrol. O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, asistiu á estrea da obra Dous no Camiño, protagonizada por Fran Rei e Isabel Risco, que tivo lugar no Peirao de Curuxeiras. Caxade ofreceu despois un concerto neste mesmo espazo para completar esta nova proposta.

Durante as próximas semanas, Vive o Camiño encherá de música e teatro as rúas e prazas dos 18 concellos que forman parte deste itinerario xacobeo na provincia da Coruña. Este programa cultural, do que peregrinos e cidadáns en xeral poden gozar de balde, servirá como vehículo de transmisión dos valores xacobeos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar