O BNG, contra a planta de biomasa de Melide

A portavoz do BNG, Ana Pontón, o  deputado, Xosé Luís Rivas, o portavoz municipal, Xesús Pereira e representantes da plataforma veciñal contraria á instalación da planta de biomasa de Melide visitaron os terreos  de Tenza de Martagona,  previstos para instalación da planta  na actualidade paralizada por indicios de falsidade documental no proxecto técnico.

Ana Pontón avanzou que o BNG solicitará no Parlamento galego o expediente do proxecto e a comparecencia do director Xeral de Enerxía, Angel Bernardo Tahoces  en relación ás irregularidades detectadas nun proxecto “financiado con recursos públicos”.

Por outro lado, Pontón acusou ao  o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) de “falta de rigor e transparencia” polo que reiterou que debe ser o director Xeral de Enerxía o responsable de  explicar no Parlamento galego o proceso da construción da planta de biomasa sobre a que recaen indicios de “falsidade documental”, o que ao seu xuízo, poder ser constitutivo dun delito penal. Dende o BNG, engadiu estudaremos xuridicamente esa posible ilegalidade.

Para a portavoz do BNG, resulta ilóxico que “as ilegalidades sexan financiadas con fondos públicos. A administración, recalcou “non pode mirar para outro lado e a Xunta de Feijóo debe dar a cara e explicar a utilización de fondos públicos en ilegalidades”

Pontón lembrou que a  plataforma de veciños e pais e nais do alumnado do colexio de Martagona  detectou as irregularidades que foron denunciadas tamén polo BNG en Melide. “No Parlamento pediremos explicacións porque todos os cidadáns teñen dereito a saber en que se utilizan os cartos públicos”, afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar