Ferrol adéntrase na Semana Grande das suas festas

Ferrol está ás portas de entrar na Semana Grande das súas Festas de verán cunha programación tan completa como variada que destaca pola súa altísima calidade artística e pola gratuidade de todos os espectáculos programados con nomes célebres e de proxección internacional como Morcheeba, Rosaro Flores, Teresa Salgueiro, Kepa Junquera ou The Excitements.

Os concelleiros de Festas, Suso Basterrechea,  e o de Normalización Lingüística Álvaro Montes,  presentaron un programa de festas para pequenos e maiores que aínda que ten a súa semana grande entre o 24 e o 31, estará repleta de contido e citas durante todo o mes de agosto co festival Jazz de Ría (19 e 20), e infinidade de citas deportivas como a Carreira Nocturna e a travesía Abelardo López.

As festas de Verán 2017 en Ferrol veñen repletas de música, con concertos gratuítos todos os días da semana grande.

Todos os concertos comezarán ás 22.30 horas, salvo o do día 31 que será ás 24.00 h e terán o seu emprazamento nas prazas de España e Amboaxe.

Así o mesmo día 24 actuará Rosario Flores na Praza de España, logo da lectura do pregón que aínda non foi desvelado polo concelleiro de Festas. O día 25 a mesma hora e lugar actuará o grupo Morcheeba o mítico grupo dos anos 90 que mestura influencias do trip hop, blues e pop.

Xa na Praza de Amboaxe, o día 26, será o momento do Concerto das Rondallas e en Caranza ese mesmo día terá lugar a Festa do Choco. O 27 de agosto será o momento de Teresa Salgueiro ex compoñente de Madredeus e ao día seguinte será a quenda do Festival Folk que contará con figuras como Bellón Maceiras, Davide Salvado e Kepa Junquera este último unha das grandes referencias no panorma do folk tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Nestas festas tamén haberá espazo para o heavy e o Jazz, así o día 30 de agosto actuarán de Window Pane e Asfalto, na Praza de Amboaxe mentres que o 19 e 20 de agosto terá lugar o Festivas Jazz na Ría con actuacións de figuras de referencia do Jazz actual.

Non podemos esquecer a cita con The Excitements ou Ele (Elena Iturrieta) o día 29 de agosto que traerán o son soul nosa Praza de Amboaxe. Xa para finalizar ás festas o día 31 poderemos gozar do concerto de El Kanka, que como xa dixemos antes, será o único que non será ás 22.30 h senón a medianoite logo dos fogos de artificio de Amboaxe. .

E por suposto os tradicionais xa lumes do Amboaxe ese mesmo día 31 de agosto.

O concelleiro Suso Basterrecha destacou a grande variedade e calidade da oferta destas festa, que aínda que teñan a súa semana grande do 24 ao 31 de agosto, complétanse co ciclo Jazz de Ría, do 19 ao 20, co Festival Indie Setembro, o día 1, e coa Festa das Meninas de Canido, os días 2 e 3.

FESTILINGUA

Pola súa banda o concelleiro de Normalización Lingüística anunciou a programación que dentro da súa área terá presenza nestas festas de verán con distintas actividades para os máis pequenos nos distintos barrios con obras de teatro ou música no marco do Festilingua Así en datas máis polo miúdo:

Xoves 24 de agosto ás 12 horas en San Xoán

‘O vendedor de fume,  de Teatro Ghazafellos

Venres 25 de agosto ás 12.00 horas en Ultramar

‘De bruídos e Miañares’, da compañía Xarope Tulú

Domingo 27 de agosto ás 12.00 h en Praza da Constitución

Concerto de Pesdelán, ‘Na punta do pé’

Domingo 27 de agosto ás 21.30h h en Praza do Inferniño

Proxección ao aire libre da película ‘Sicixia’

Xoves, 31 de agosto ás 20.30 h, na Praza de Amboaxe

Concerto ‘Aire’,  de María Fumaça

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar