Teo:José Manuel Guerra urxe unha solución as deficiencias do punto limpo

 

A ausencia de portas, os enormes buratos na alambrada e os permanentes roubos son só unha mínima mostra da extrema precariedade na que se atopa o punto limpo de Teo. Nunha recente visita realizada polo voceiro do grupo popular en Teo, José Manuel Guerra, e o concelleiro Antonio Sánchez, puideron comprobar que as condicións das instalacións non aseguran a trazabilidade do proceso nin ofrecen as garantías mínimas que permitan cumprir os obxectivos medioambientais máis esenciais para os que foi construido o punto limpo. Ante esta situación, os populares instan ao executivo a unha “inmediata solución”.

A situación na que se atopa o Punto Limpo de Teo non garante que materiais altamente contaminantes como pilas usadas ou aceites acaben en calquera lugar. A precariedade das instalacións inclúe unha oficina sen fiestras nin portas na que se pode acceder abertamente non soamente ao escaso material que alberga senón tamén aos datos personais da veciñanza usuaria que queda rexistrada, poñendo en risco a obrigada protección de datos. Desde hai varios anos, o lugar non ten nin sequera auga corrente para que os operarios poidan asearse.

As deficiencias de seguridade no Punto Limpo son, en definitiva, as máis notorias e perxudiciais, das que poden derivar serios problemas medioambientais. A falta de portas, as pechaduras forzadas, ou os buracos na alambrada provocan roubos de productos químicos en agarda para seren reciclados, fitosanitarios ou pilas das que se descoñece cal será o seu paradoiro. Este feito bota por terra os esforzos que fai a veciñanza por reciclar. “O traballo de conciencia medioambiental feito durante anos na sociedade, pérdese nun instante pola desidia do bipartito de Teo”, asegura José Manuel Guerra.

Engade que, logo dos graves problemas das verteduras non resoltas en diferentes puntos do Concello, esto é un “suma e sigue” ao lamentable currículo en materia medioambiental que ten o bipartito quen, con feitos así, demostra a nula preocupación que ten por facer que Teo sexa un concello sostible.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar