Lugo:O Concello aproba investimentos por seis millóns

O Pleno de Lugo aprobou na sesión extraordinaria celebrada este venres tres expedientes de modificación de crédito que permiten consignar 6 millóns de euros para investimentos na cidade e subvencións ao tecido asociativo. Cos votos a favor do PSdeG, a abstención de PP, Lugonovo, BNG e ACE, e o único voto en contra de C,s, saíu adiante a desestimación das alegacións presentadas aos expedientes e a aprobación definitiva da consignación orzamentaria, que permitirá, entre outras actuacións a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña, peonalizar Quiroga Ballesteros e a praza da Milagrosa, e acondicionar aparcamentos disuasorios na cidade e no entorno do HULA, así como executar os proxectos con financiamento da Unión Europea, como o EDUSI.

A alcaldesa, Lara Méndez, subliñou que a aprobación dos expedientes de modificación de crédito “significa poder seguir investindo e transformando Lugo nunha cidade máis humana, cómoda e accesible, impulsar o seu desenvolvemento con propostas que ademais en moitos casos contan co respaldo plenario e sempre cun respaldo social”.

Subvencións: 1,7M€

O expediente referido a subvencións, correspondente ao Capítulo IV dos Orzamentos, suma 1,7 millóns de euros. A distribución das axudas por áreas é a seguinte:

  • Servizos Sociais: 253.957,64€
  • Muller: 32.360€
  • Sanidade: 60.000€
  • Cultura: 112.900€
  • Deportes: 531.500€
  • Participación Cidadá: 33.000€
  • Ensino: 30.000€

Neste expediente inclúense as achegas a institucións, como a UNED (215.000€); Fundación de Feiras e Exposicións (46.153,85€); e Fundación Rof Codina (92.500€), e á Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EVISLUSA), con 247.294,52€.

Investimentos: 4,3M€

Os outros dous expedientes, referidos a Capítulo VI e VII, de Investimentos e Transferencias de Capital, suman 4,3 millóns de euros e están destinados, por unha banda, a facer fronte aos proxectos que están cofinanciados, tanto coa Unión Europea, como o plan Life (Lugo+Biodinámico) e o EDUSI (Muramiñae), como coa Deputación, co Plan Único, e a Xunta, coa instalación dunha caldeira de biomasa na zona deportiva de Frigsa.

Así mesmo, inclúen investimentos imprescindibles para o día a día do Concello, como a compra de equipos informáticos, leasing de vehículos, gastos de iluminación, saneamento, ou mesmo, adquisición de sinais viarias.

Nestes expedientes, o Goberno contempla crédito así mesmo para a compra de instrumentos da Banda e a Escola Municipal de Música, para os novos pregos en licitación como o da xestión dos Museos ou que se prevé licitar, como os da ETAP e a EDAR, co fin de executalos con garantías.

Xunto a estes investimentos ordinarios, figuran a maiores outros proxectos beneficiosos para Lugo que gozan de amplo consenso político e da veciñanza, como a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros e a instalación dunha cuberta, a construción dun parking municipal xunto ao HULA, obras de mellora na Praza de Abastos, o acondicionamento de aparcamentos disuasorios, a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña ou a peonalización parcial da Milagrosa, nas inmediacións da Praza.

Relación completa de investimentos:

Capítulo VI

Radioteléfonos, equipos base, portátiles, repetidores, …

30.000,00

Bolardos, sinais e outros.

40.000,00

Aportac.mun. Proxecto LIFE

97.694,00

Peonalización, humanización e cuberta Quiroga Ballesteros

1.100.000,00

Acondicionamento aparcadoiros disuasorios

350.000,00

Peonalización praza da Milagrosa

220.000,00

Acondicionamento parcela aparcadoiro San Cibrao

119.000,00

Aportac.mun. Plan Prov. único

33.189,32

Abastecem. Domiciliario auga potable

309.919,00

Iluminación Pública Zona Urbana

25.000,00

Contrato valoración de obra Parques e Xardíns

30.000,00

Obra Volta da Viña

100.000,00

Investimentos en colexios e E.I.M.

90.249,06

Libros Biblioteca Municipal

6.000,00

Instrumentos Banda de Música

25.000,00

Instrumentos Escola Música

35.000,00

Investimentos en Deportes

80.000,00

Investimentos en praza de Abastos

30.000,00

Asfaltado de pistas

80.000,00

Investimentos informáticos internos

80.000,00

Investimentos en edificios municipais

50.012,29

Novas actuacións e instalacións Sala Control Tráfico

30.000,00

Sala Tiro Edificio Policía Local

58.000,00

Eliminación tapón urbanístico

110.000,00

Iluminación P. Zona Rural

20.000,00

Rede calor biomasa parque Milagrosa

258.752,00

Centro Sociocultural Vello Cárcere

21.543,86

Investimentos en museos

193.518,68

Aportac.mun. subvención Turismo

5.000,00

Marquesiñas Zona Rural

9.800,00

Cotas leasing exercizos anteriores

78.014,00

Capítulo VII

A EVISLUSA: equipos informáticos

3.500,00

Abastecemento de auga a Lugo 1ª fase.

428.550,00

Ampliación do abastecemento de auga a Lugo

21.175,00

 Abastecemento auga a Lugo 2ª fase

180.484,00

Colectores Xerais do Río Miño en Lugo

17.072,00

Ordenanza de aproveitamento da vía pública

A Corporación municipal tamén aprobou no Pleno desta mañá de maneira definitiva, cos votos a favor do PSdeG e a abstención do resto dos grupos, a modificación da ordenanza 152, reguladora dos aproveitamentos especiais da vía pública, tras a estimación parcial das alegacións presentadas polas asociacións Lugo Monumental e APEC ao texto aprobado inicialmente na sesión plenaria de maio.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, explicou que o Goberno local cumpriu o mandato plenario adoptado na sesión de xullo de non desestimar as alegacións, chegando a un acordo consensuado cos colectivos alegantes, “que mostraron unha actitude colaborativa”, e validada polos técnicos, que consistiu na eliminación do coeficiente de intensidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar