TVG: Hoxe, festa Mexicana en Avión e “Larpeiros”

Antes de meterse na cociña, os “Larpeiros” da TVG manterán hoxe unha animada conversa sobre os seus pratos favoritos. Hai algúns que tolean por comer un bo lacón con grelos, coa carne tenra e as patacas molladas pola graxiña do chourizo. Outros son máis partidarios das cousas ricas que nos dá o mar, como unha caldeirada de peixe, unha empanada de xoubas, unha pescada ao forno, uns chocos en tinta ou un arroz con berberechos.

Falar das cousas ricas do mar espertará a imaxinación da cociñeira convidada desta semana, Celia Cabrera, que fará un xantar que sorprenderá os “Larpeiros”: ameixas con peixe sapo e fideos, un prato tradicional, pero coa nota especial que lle achega o peixe sapo. Para a sobremesa, Merche e Leni pensan nesta ocasión nunca macedonia de froitas cun toque de chocolate.

Unha vez decidido o menú, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, porase en marcha e collerá rumbo á Pobra do Caramiñal, onde o estará agardando Javier. Coa súa axuda, converterase en todo un experto no marisqueo da ameixa a flote. Terá que embarcar e traballar arreo se quere levarlles unha ameixas de primeira ao resto dos “Larpeiros”.

FESTA DO XAMÓN DA CAÑIZA e FESTA MEXICANA DE AVIÓN

Continúa o deleite gastronómico esta noite na Televisión de Galicia, que se desprazará á carballeira do Cacharado, na capital do xamón, para vivir cos seus veciños a 51 edición da Festa do Xamón da Cañiza, para posteriormente seguir de celebración desde a Festa Mexicana de Avión.

A través do especial sobre a Festa do Xamón coñecerase o amplo programa festivo desta cita ineludible para os amantes deste manxar. Unha xornada que comeza co 4º Concurso de corte de xamón, en que se poderán ver as mañas de cortadores profesionais chegados de toda España. Este ano, os participantes xogan por un montante de 1.200 euros en premios.

Amosarase, a continuación, a saída da Comitiva do Xamón, formada, entre outros, polos cabezudos, o carro cos bois, grupos folclóricos e unha morea de cativos que, vestidos cos traxes rexionais, non queren perder a ocasión de levar as primeiras bandexas de xamón que os visitantes poderán catar. E, chegando á carballeira, ofrecerase a entrega dos premios dos concursos de narración, pintura, fotografía e os de corte de xamón.

Feita a inauguración oficial, este especial da TVG compartirá cos asistentes a degustación dos pratos de xamón curado, xamón asado, xamón cocido ao viño tinto, empanada de xamón e tortilla de xamón.

Festa Mexicana de Avión

As celebracións seguen na Televisión de Galicia e na provincia de Ourense, xa que esta fin de semana pasada tivo lugar a 13 edición da Festa Mexicana de Avión. Este concello está moi vinculado co país azteca, posto que moitos dos seus veciños emigraron alí. No verán a súa poboación multiplícase grazas aos “mexicanos” que regresan para pasar as súas vacacións estivais e o concello organiza unha festa na súa homenaxe.

A presente edición, dedicada á loita libre mexicana, conta coa presenza dun bo número de restaurantes galegos de comida mexicana, como El mexicano Taco Bar, Chilam Balam, Rincón Azteca e o Mesón Mexicano.

SOPA DE FESTA

Un martes máis, “Sopa de Festa” volve cederlle protagonismo ao viño. Despois de tanto rico manxar no programa, o equipo visita a comarca de Monterrei en Verín para gozar da exaltación do que é, sen dúbida, o seu produto estrela, o viño da comarca. Esta exaltación fai 12 anos e pouco a pouco vai acadando máis sona e posicionamento no calendario dos eventos vinícolas.

O val de Monterrei é terra de viñedos, 15 adegas ofrecerán a variedade de caldos que se poderán degustar nas diferentes casetas da feira. Centos de persoas acoden a esta comarca para deleitar o padal con estes caldos nas súas variedades de godello e mencía.

Para coñecer un pouco máis das peculiaridades deste viño, o espazo coñecerá a Adega Gargalo, unha das máis grandes da comarca e situada nun encrave inmellorable. O equipo do programa visitou os seus viñedos e, desde a súa adega, responsables de Gargalo explicaron o proceso de elaboración dos seus caldos.

A cata e a diversión da xente na apertura das casetas, xunto cos puntos máis relevantes desta comarca bañada polo río Támega completan a edición de hoxe de “Sopa de Festa”.

O MARISQUIÑO DE VIGO

A cultura urbana e os deportes extremos do Marisquiño completan as variadas propostas festivas da Televisión de Galicia para esta noite. O especial amosará o máis destacado da 17 edición deste certame, consolidado e considerado o maior evento que se celebra no sur de Europa destas características.

Coa celebración deste evento, Vigo se converteu esta fin de semana pasada no centro do deporte urbano. Un gran festival que reúne máis de dez competicións deportivas, así como distintos eventos culturais. O Marisquiño organiza tres copas do mundo: World Cup Skateboarding Street, World Cup Skateboarding Miniramp e Dirt FMB World Tour.

O seu carácter de balde favorece que cada edición reúna máis de 120.000 persoas que gozan a diario das competicións, exhibicións, concertos, gastronomía e do ambiente único arredor do Porto Marítimo da cidade olívica.

Neste espazo, os cidadáns e os negocios locais darán tamén o seu punto de vista sobre este evento que enche de deporte e música esta zona das Rías Baixas.

A REVISTA

Os reporteiros do programa da Televisión de Galicia, “A Revista”, visitarán o Recinto Feiral do Mosteiro, no municipio pontevedrés de Meis, onde se está a celebrar a Feira Anual do Cabalo e unha nova edición da Festa da Carne de Poldro, que contará cunha doma de campo e pasacalles, exhibicións, e espectáculos ecuestres. O equipo do programa tamén estará na Festa do Xamón da Cañiza, unha cita ineludible para os amantes deste manxar, nunha xornada que comezará co concurso de corte de xamón e no que se servirán máis de nove mil racións.

Ademais, o presentador Sevi Martínez conversará no estudio de gravación cos colaboradores Alba Cons, readaptadora física, e Carlos Roma, xornalista e experto en moda.

Martes, 15.08.2017

CINEMA DE NOITE

MISS AXENTE ESPECIAL”

(“Miss Congenialitty”)

Director: Donald Petrie

Elenco: Sandra Bullock, Lacie Lou Freebush, Michael Caine,

Benjamin Bratt, Candice Bergen

EUA, 2000, 100’, Comedia-Acción (T)

**SINOPSE**

Hart, unha axente do FBI de modais pouco femininos, é elixida para presentarse a Miss Estados Unidos co obxectivo de intentar descubrir un criminal que ameaza con atentar contra o concurso. Pero antes deberá realizar algúns cambios, tanto no físico coma no xeito de se comportar da axente.

MINUTADO do 15/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

REPORTAXES ACTUALIZADOS: “Pesa e paga”

Serie de axustes extraidos do programa ACTUALIZAD@S.

08:05

TOP 10: “Monumentos galegos”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ : “Croquetas de bacallau”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:00

O FARO Cap. 233

Serie. Lidia dálle veracidade ás palabras de Begoña e cre que Gonzalo estivo a enganala. Gonzalo entende que o comportamento distante de Lidia ten que ver con Begoña e plántalle cara a súa ex-moza. A nai de Ana enferma e Ana quere levala á casa para coidala mellor, pero Arturo oponse e isto provoca unha discusión moi forte entre a parella. Hugo leva todos os días traballando pola noite para conseguir os cartos que Patri precisa para pagar os impostos, pero este traballo nocturno fai imposible que o músico compoña os temas do disco e cada vez lle queda menos tempo. Iván xa está farto de que Lola non sexa honesta con el. Nai e fillo enzárzanse nunha dura disputa.

11:55

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

12:40

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ESPECIAL: “Aquí Hai Praia do martes”

16:05

O TEMPO

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:15

GALEGOS NO MUNDO: “Nova Zelandia”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:10

PEZAS ERA VISTO : “Manobra de Hemlich”

19:20

ERA VISTO! : “Telelameiro-hip hop-paletilla de ibérico”

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

19:50

ESCOBA ! : “Teatro, teatro, teatro”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

:

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

MENÚ G

Avance da programación desta noite na TVG.

22:10

LARPEIROS: “Fideos con ameixas”

Hoxe, sobre a mesa dos larpeiros, unhas saborosas ameixas con peixe sapo e macedonia de froitas con chocolate. Desde A Pobra do Caramiñal, os espectadores coñecerán as claves para o marisqueo da ameixa a flote.

22:45

ESPECIAL: FESTA DO XAMÓN DA CAÑIZA’ 17

Desde a carballeira do Cacharado, na capital do xamón, a TVG vivirá cos seus veciños a 51 edición da Festa do Xamón.

23:15

ESPECIAL: FESTA MEXICANA DE AVIÓN ’17 Cap. 1

Hoxe, amosarase a 13 edición da Festa Mexicana de Avión, concello moi vinculado co país azteca, posto que moitos dos seus veciños emigraron alí.

:

23:45

SOPA DE FESTA: “Feira do Viño de Monterrei (Verín)”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Hoxe, comparte cos espectadores da Galega a Feira do Viño de Monterrei.

00:20

ESPECIAL: MARISQUIÑO ’17 : “Marisquiño de Vigo”

Hoxe, o especial amosará o máis destacado da 17 edición deste certame vigués, consolidado e considerado o maior evento de cultura urbana e deportes extremos, que se celebra no sur de Europa destas características.

00:50

CINEMA DE NOITE: “Miss axente especial”

(“Miss Congenialitty”), de Donald Petrie, con Sandra Bullock, Lacie Lou Freebush, Michael Caine, Benjamin Bratt, Candice Bergen. EUA, 2000, 100’, comedia-acción (T)
Hart, unha axente do FBI de modais pouco femininos, é elixida para presentarse a Miss Estados Unidos co obxectivo de intentar descubrir un criminal que ameaza con atentar contra o concurso. Pero antes deberá realizar algúns cambios, tanto no físico coma no xeito de se comportar da axente.

02:35

LARPEIROS: “Fideos con ameixas” (Rep.)

Hoxe, sobre a mesa dos larpeiros, unhas saborosas ameixas con peixe sapo e macedonia de froitas con chocolate. Desde A Pobra do Caramiñal, os espectadores coñecerán as claves para o marisqueo da ameixa a flote.

03:10

AXUSTES AQUI GALICIA

03:15

NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

03:30

MAR DE FONDO

Información do estado do mar

03:35

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:00

TI VERÁS (Rep.)

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

06:55

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar