Teo: Ano e medio de retraso do Plan Xeral de Ordenación Municipal

09O grupo popular de Teo destapa un novo “engano do bipartito”, esta vez sobre a redacción do  Plan Xeral de Ordenación Municipal. En contra do que o executivo local gobernado por PSOE e Mareas afirmou reiteradamente, neste momento non se iniciou a elaboración do novo PXOM de Teo.

O pasado 4 de abril, a colación do conflito relativo á segregación de parcelas, o executivo afirmaba que a través da elaboración do novo PXOM se pretendía solucionar o bloqueo no que se estaba instalado. Ese día, o bipartito afirmaba nun comunicado oficial -colgado na web do Concello- que “se estaba facendo”. En alusión ás segregacións, o executivo expresaba literalmente que tiña “o compromiso de atender esta demanda social no marco da revisión do actual do PXOM que se está facendo“; a renglón seguido insistía en que “O Concello está traballando xa no deseño do novo documento urbanístico municipal”.

Sen embargo, no momento en que se facían esas declaracións e ata agora “non se redactou nin a primeira liña do novo PXOM”.

Os populares teenses cualifican estes feitos de “dobremente graves” xa que por unha banda confirman a actitude dun executivo “reincidente no engano despois do coñecido a semana pasada e, ao mesmo tempo, poñen de relevo unha pasividade do bipartito sen precedentes, un goberno local que parece esperar a que os problemas se solucionen sos ou a que veña a Xunta a solventalos como ocorreu co tema das segregacións”.

“ANCLADO NA DESIDIA”

O portavoz dos populares teenses, José Manuel Guerra, considera que o executivo se atopa anclado na desidia. Para o número un do PP de Teo resulta inconcibible que un goberno con maioría e seis dedicacións teña unha folla de servizos marcada por intolerables atrasos. “Se aínda estamos a esperar unha solución á tubaxe tóxica de Pontevea tres anos e medio despois, explica Guerra, igual de intolerable resultou a aprobación dos orzamentos de 2017 con oito meses de atraso ou a constatación, como vimos a semana pasada, de que a Xunta solucionou en 10 días o que eles non foron capaces de facer en ano e medio coas segregacións”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar