Os comensais de “Larpeiros”, reúnense esta noite na TVG

Os comensais do programa “Larpeiros” manterán esta noite unha animada conversa sobre un bicho moi feo, pero tamén moi rico, como é o polbo. Moitos pregúntanse como se lle pode ter tanto aprecio a un bicho con oito patas, agrisado e coa cabeza branda. A resposta é moi sinxela: polo seu sabor. Quen non tolea por un bo polbo á feira ou guisado, como o fan en Mugardos e na Illa de Ons? Tamén en empanada ou con fabas é un bocado exquisito.

Como de polbo vai a cousa, o cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, proporá un xantar en que este cefalópodo, tan prezado polos “Larpeiros”, sexa a grande estrela: un arroz meloso con polbo. Trátase dun arroz tradicional, que Carlos vai facer coa auga de cocer o polbo para que sexa aínda máis saboroso.

Para isto, Adrián collerá desta volta rumbo a Cambados, onde, da man de José Luis, aprenderá os segredos da pesca do polbo con nasa. Así que terá botar man das súas habilidades como pescador se quere saír vitorioso da loita cos polbos, uns animais moi listos e aínda máis escorregadizos.

Pero de volta na casa estarao agardando unha sorpresa: a torta fría de piña coa que Merche e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.

SOPA DE FESTA

Un martes máis, volve a festa da man do programa da Televisión de Galicia “Sopa de Festa”. Unha nova edición en que as cámaras do programa volverán achegarlles aos espectadores algunha das exaltacións con máis sona da nosa comunidade. Hoxe, a vila de Cambados será a protagonista porque celebran a Festa do Albariño.

Nos inicios desta celebración, hai máis de 60 anos, ninguén podía imaxinarse a importancia que ía acadar para a zona e para o impulso do sector vinícola. Hoxe, o equipo do programa da Televisión de Galicia non quixo desaproveitar esta ocasión de achegarlle a repercusión que ten esta festa para todos os cambadeses e visitantes que non dubidan en achegarse ata Cambados para dar boa fe dos bos caldos da zona e sobre todo pasalo ben.

Ademais do ambiente de festa e sen esquecer os verdadeiros protagonistas da festas: os adegueiros da zona, as cámaras do programa tamén lles achegarán outros actos e actividades que acompañan á celebración, como a cata dos viños do albariño que se presentan a concurso ou o acto de investidura de Cabaleiros e Damas do Albariño, así como tamén as distincións e nomeamento de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata.

DÚAS DE PEMENTO E SOPAS DE BURRO CANSO

Tras as propostas culinarias e festivas de “Larpeiros” e “Sopa de Festa”, as celebracións gastronómicas seguirán tendo protagonismo na TVG esta noite, a través dos especiais “Dúas de pementos” e “Sopa de Burro Canso”.

No primeiro deles, a canle pública compartirá cos espectadores as dúas citas galegas de maior tradición co pemento como principal ingrediente: a 38 Festa do Pemento de Arnoia, todo un referente desta localidade do Ribeiro, caracterizado por ser un produto carnoso, achatado, de cor verde escura e cun intenso olor, e a 39 edición de Herbón de Padrón, a de maior éxito da súa historia recente, con máis de 800 quilos de pementos repartidos en 3.500 racións.

A continuación, a Festa do Burro Canso e Galo Pica no Chan desenvolveuse este sábado pasado no lugar de Mugueimes, no municipio de Muíños. Ademais do xantar, consistente nun guiso de polo, a xornada contou con música e carrilanas. Á última hora da tarde, os asistentes tamén puideron degustar as sopas de burro canso.

SON RÍAS BAIXAS BUEU

A Televisión de Galicia despedirá hoxe á noite este repaso polas últimas festas galegas máis destacadas cun especial que amosará en 25 minutos o que aconteceu na 15 edición do Festival Son Rías Baixas, en Bueu.

A fin de semana pasada, a vila congregou a milleiros de persoas dispostas a gozar de boa música, praia e gastronomía, grazas ao variado elenco de artistas e 15 bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade. Ademais de amosar o festival musical, no especial falarase cos negocios locais e cos habitantes da localidade para que dean a súa avaliación do evento que enche de ritmo a localidade galega.

Os asistentes puideron gozar coas actuacións de Amparanoia, Estopa, Ses, Wöyza, Todos tus muertos, Dakidarría, Zoo e The Soul Breakers, entre outros convidados.

A REVISTA

Os reporteiros de “A Revista” asistirán hoxe na Coruña ao Campionato do Mundo de Snipe, unha clase internacional de embarcación a vela. A regata, que se celebra desde 1934, está organizada polo Real Club Náutico coruñés e en total, competirán máis de 200 regatistas, entre eles os campións do mundo, de Europa e dos Xogos Panamericanos. O programa tamén estará na Festa do Polbo do Carballiño, que como cada ano intentará bater o seu propio récord facendo a tapa de polbo máis grande do mundo.

Por outra parte, o presentador Sevi Martínez conversará con José Manuel Sande, pertencente á organización do Festival Noroeste Estrella Galicia, que converte, desde hoxe e ata o vindeiro domingo, a cidade da Coruña nun enorme escenario musical onde haberá actuacións durante todo o día con máis de duascentas horas de música. Con todos os concertos gratuítos e abertos a públicos de todas as idades, o evento ten como cabezas de cartel no escenario central, situado na praia de Riazor, a Kaiser Chiefs e Surfin’ Bichos, The Jesus and Mary Chain e Iván Ferreiro. No estudio de gravación tamén estará a avogada Ana Camiño, que lles achegara aos espectadores datos xudiciais de interese.

Martes, 08.08.2017

CINEMA DE NOITE

NO AMOR E MAIS NA GUERRA”

(“In Love And War”)

Director: Richard Attenborough

Elenco: Sandra Bullock, Chris O’Donnell, MacKenzie Astin, Emilio Bonucci, Ingrid Lacey

EUA, 1996, 113’, Drama (18)

**SINOPSE**

Un filme ambientado na primeira guerra mundial, que narra a relación entre un Ernest Hemingway aínda mozo que exerce como correspondente de guerra e queda ferido e unha enfermeira da Cruz Vermella, Agnes, que o coida mentres está no hospital.

MINUTADO do 08/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

AXUSTES AQUI GALICIA

08:05

TOP 10 “Tradicións galegas”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

:

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Segredo de porco e salsa de caqui”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 228

Serie. Hoxe, Ricardo e Lucía pensan que a operación de Diego non foi ben e agardan, con tensión, o informe da doutora. Erea e Ricardo teñen claro que Iván agocha algo e, agora, Luis tamén quere saber a verdade. No Faro, Fina discute con Arturo porque non conseguiron cumprir con todos os requisitos que lle pediu a empresa Torres para levar a cabo o catering. A lista que iniciaron Gonzalo e Lidia vólvese na súa contra e discuten porque Gonzalo viviu máis experiencias ca Lidia.

:

12:00

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

:

12:35

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

15:30

ESPECIAL “Aquí hai praia do martes”

:

16:10

O TEMPO

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:15

GALEGOS NO MUNDO “Casablanca”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:15

PEZAS ERA VISTO “Jenni”

19:25

ERA VISTO!

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

:

19:55

ESCOBA ! “Que cumpras moitos máis”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

:

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:10

MENÚ G

22:20

LARPEIROS “Atrapados polo polbo”

Os comensais do programa “Larpeiros” manterán unha animada conversa sobre un bicho moi feo, pero tamén moi rico, como é o polbo. Moitos pregúntanse como se lle pode ter tanto aprecio a un bicho con oito patas, agrisado e coa cabeza branda.
A resposta é moi sinxela: polo seu sabor. Quen non tolea por un bo polbo á feira ou guisado, como o fan en Mugardos e na Illa de Ons? Tamén en empanada ou con fabas é un bocado exquisito.

:

22:50

SOPA DE FESTA “Festa do Albariño de Cambados”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Unha nova edición en que as cámaras do programa volverán achegarlles aos espectadores algunha das exaltacións con máis sona da nosa comunidade. Hoxe, a vila de Cambados será a protagonista porque celebra a Festa do Albariño.

:

23:20

DÚAS DE PEMENTOS: ARNOIA E HERBÓN ‘ 17

A canle pública compartirá cos espectadores a 38 edición da Festa do Pemento de Arnoia e a 39 da Festa de Herbón, todo un referente destas localidades.

23:55

SOPAS DE BURRO CANSO E GALO PICA NO CHAN ’17

As cámaras da Televisión de Galicia asisten no municipio de Muíños, á Festa das Sopas do Burro Canso e Galo Pica no Chan.

00:25

FESTIVAL SON RÍAS BAIXAS DE BUEU ‘ 17

A Televisión de Galicia dará conta deste certame, que congregou a milleiros de persoas dispostas a gozar de boa música, praia e gastronomía, grazas ao variado elenco de artistas e 15 bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade.

00:50

CINEMA DE NOITE : “No amor e mais na guerra”

(“In Love And War”), de Richard Attenborough, con Sandra Bullock, Chris O’Donnell, MacKenzie Astin, Emilio Bonucci, Ingrid Lacey. EUA, 1996, 113’, Drama (18).
Un filme ambientado na Primeira Guerra Mundial, que narra a relación entre un Ernest Hemingway aínda mozo que exerce como correpondente de guerra e queda ferido e unha enfermeira da Cruz Vermella, Agnes, que o coida mentres está no hospital.

:

02:40

TELEXORNAL NOITE

02:50

LARPEIROS “Atrapados polo polbo”

:

03:20

SOPA DE FESTA “Festa do Albariño de Cambados” (Rep.)

:

03:50

NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

04:05

MAR DE FONDO

Información do estado do mar

04:10

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:25

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:45

NOITE DE JAZZ

05:05

TI VERÁS (Rep.)

:

06:55

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar