TVG: Feirantes buscará esta noite a mellor pulpeira do ano

Os venres á noite de agosto na Televisión de Galicia comezan coa diversión e entretemento de “Feirantes”, programa presentado por Marta Doviro, que este verán buscará á/ao mellor polbeira/o de 2017.

Nesta nova temporada, “Feirantes” terá so tres coachs, que asesorarán os concursantes durante os próximos seis programas (no sétimo, que é o que corresponde á final, non interveñen os coach). En cada edición intervirán tres aspirantes que, unha vez rematada a preparación do seu prato de pulpo obterán a valoración do xurado, que lles dará unha puntuación e esta se subirá á clasificación semanal.

Os coachs Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira, Amador Porta da polbería Porta da Estrada e Paco Gómez de Pulpería Á Feira, recibirán neste primeiro programa como concursantes a Manuel, procedente de Pontedeume; Carmen, de Cospeito, e Iván, do Carballiño.

Nesta nova etapa tamén mudará o xeito de escoller coach. Realizarase un sorteo coa axuda dun saquiño e un pano, a cor que lle toque será a do concursante co que fará equipo.

Ademais, este verán contarase coa Polboneta, unha motocarro guiada por un pulpeiro ambulante que anda polas feiras a enredar á xente. Tito Rober é o encargado de darlle vida a Linolio, o pulpeiro ambulante que cada semana coa súa Polboneta encherá de risas o estudio de gravación. Hoxe xunto a Linolio estará o versátil Pedro Brandariz.

MAXIA

 

No apartado de maxia, estará o Mago Marco, que abraiará os espectadores facendo que neve no estudio. A música de “Feirantes” destacará coas actuacións do grupo de música galega Brath, que presentará o seu novo disco, “Enxebre”. A orquestra que vai amenizar o programa será a pontevedresa La Oca Band, que cos seus sons de festa fará que os espectadores gocen do seu espectáculo.

E, para rematar, o chef convidado será Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado da Leña, en Pontevedra, que preparará un “Cebiche á galega”.

A puntuación do xurado aos concursantes será o momento de máis emoción, xa que deles dependerá que os participantes no concurso de polbeira/os poidan acadar unha boa puntuación para chegar á final e competir para ser o Mellor Polbeiro/a Feirante de 2017.

A REVISTA

Verán e festexo volven ir da man nesta edición de “A Revista”. Nesta ocasión, o magazine matinal da TVG, que presenta Sevi Martínez, non quererá perderse a celebración da primeira edición da Festa da Cervexa e da Salchicha Alemá, que se está a desenvolver na turística Sanxenxo.

Volvendo a ollada cara ao estudio de “A Revista”, o espazo interesarase por unha publicación elaborada pola Mutua de Propietarios e a Cátedra da Vivenda sobre as inquietudes principais que teñen en común as comunidades de veciños. Con este cometido, o responsable en Galicia desta Mutua, Carlos Barca, falará na TVG dos principais datos que se extraen deste estudio, entre eles, que a metade das comunidades contan con veciños moroso e, como novas preocupacións, o incremento da ‘okupación’ e o alugueiro de pisos turísticos.

Como cada venres, “A Revista” contará co colaborador e experto en animais Octavio Villazala, que sorprenderá os espectadores con algún novo animal.

MINUTADO do 04/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

AXUSTES AQUI GALICIA

08:05

TOP 10: “Guapos galegos”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ: “Galletas de quinoa e plátano”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 226

Serie. Erea cre que Iván non é de fiar e coméntallo ao seu tío, pero Luis está encantado co rapaz e non quere que Erea malmeta. Lucía afronta o primeiro día de Diego no hospital en soidade e con preocupación. No Faro, Fina preocúpase polo novo catering para empresa dos Torres e pregúntalle a Gaspar o tipo de menú que queren servir. Gaspar aínda non conseguiu a aprobación do seu fillo para encargar o catering ao Faro, pero non quere dicirllo ás do Faro para non decepcionalas. Ricardo metese nunha lea cando Ánxela se interesa pola escola na que Lucía estuda cociña. Lidia non quere ser unha máis na vida de Gonzalo e Gonzalo ten que demostrarlle que é unha muller especial para el.

11:50

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ROMARÍA DE MONTE CASTELO – BURELA ’17

Na derradeira fin de semana de xullo, unha parte da vila múdase ao monte Castelo, onde se celebra unha romaría con todo tipo de manxares e licores, en que estará presente un equipo da TVG.

16:05

O TEMPO

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:20

GALEGOS NO MUNDO: “Sicilia”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:15

PEZAS ERA VISTO: “O bisoñé”

19:25

ERA VISTO!

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

19:55

ESCOBA!: “As eleccións”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

FEIRANTES (**NOVA TEMPORADA**)

“Feirantes” é un espazo de xolda e diversión, cun compoñente ben tradicional, xa que está baseado no mundo das feiras galegas. Presentado por Marta Doviro, buscará nesta temporada a mellor polbeira/o do ano. O programa contará en cada edición con tres coachs e cadanseu concursante, con música, maxia e humor para garantir unha velada do máis divertida.

23:40

ALALÁ: “Allariz”

Alalá relaciona a música tradicional galega e outras formas de patrimonio oral coa contorna social e laboral, para non esquecer este valor cultural.

01:25

CASAMOS!: “A historia de amor de María e Andrew”

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!”. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. A nosa alma xemelga pode atoparse nas antípodas, como testemuñan María e Andrew, a parella protagonista de “Casamos!”. Cando se coñeceron as súas vidas puxéronse patas arriba: Andrew estaba casado e María divorciada e ningún dos dous contaba con volver namorarse. Os 20.000 quilómetros que separan Vigo de Nova Zelandia tampouco foron un inconveniente porque eles tiñan moi claro que o seu era diferente.

02:30

TELEXORNAL NOITE

02:45

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Os reporteiros do programa “Que Casas!” visitarán unha vivenda cuxo interior case non ten portas e cuxas paredes están feitas de pedra sen ningún tipo de recubrimento. Os espectadores tamén poderán ver dúas casas arquitectonicamente impactantes: un pazo histórico e un dúplex de deseño en plena zona urbana. Para completar estas rutas o programa percorrerá os concellos de Oleiros, O Barco de Valdeorras, Santiago de Compostela e Vigo, concretamente Pontecaldelas.

03:35

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

04:10

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:25

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:45

NOITE DE JAZZ

05:05

TI VERÁS (Rep.)

06:55

A REVISTA (Rep.)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar