“Entrerrúas”:17 detidos por depuración ilegal en Boiro

A Policía Autonómica finalizou a primeira fase da operación ‘Entrerrúas’, desenvolvida na zona de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, coa detención de 17 persoas.

A operación levouse a cabo durante os últimos once meses polos membros do Equipo de Resposta policial (Erpol) e permitiu detectar unha depuradora ilegal nun domicilio particular, onde os furtivos que operan na zona vendían o marisco extraído de forma fraudulenta.

Foron detidas 16 persoas, acusadas dun delito contra a flora e a fauna (furtivismo) e unha persoa por un delito de receptación, contra a saúde pública e contra o medio ambiente.

No dispositivo colaboraron funcionarios do Servizo de Inspección e Control de Recursos, pertencentes ao Servizo de gardacostas. As investigacións continúan, polo que non se descartan novas detencións.

Polos feitos descritos, tramitouse un atestado policial remitido ao Xulgado de Ribeira.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar