Santiago recibe aos nenos do programa “Mañás de verán” do Centro Don Bosco

 

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu aos 140 nenos participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco.

O rexedor deulles a benvida ao Pazo de Raxoi, fixo un percorrido histórico polo edificio e destacou o “gran simbolismo da cidade de Compostela”. Pola súa banda, o director da escola, Xabier Blanco, lembrou que Don Bosco “naceu hai 32 anos para que aqueles nenos e nenas que pasan as vacacións na cidade poidan realizar actividades”.

 

O campamento urbano organiza accións dirixidas a cativos e mozos 4 e 17 anos intercambiando actividades de exterior (grande xogos, predeportivos, deportivos, xincanas…) con actividades de interior (obradoiros, animación á lectura…).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar