A TVG, líder entre as canles autonómicas cunha media do 10,5%

Control de realizaión da TVG nun Telexornal.

A Televisión de Galicia continúa un mes máis a ser líder de audiencia entre as canles autonómicas, acadando un 10,5% de cota media no que vai de ano. En xullo, a TVG consegue un 10,4% de share no conxunto do día e un 11,1% no prime time. Con respecto ao mesmo mes de hai un ano, a canle pública galega é a única das grandes canles que logra incrementar audiencia, medrando 7 décimas, o que implica un incremento do 7,1%.

Na faixa informativa do mediodía, a Televisión de Galicia mantense como líder cunha cota do 19,7%, aumentando a un 20,9% de luns a venres. Os programas informativos que máis medraron no mes foron o “Bos Días” cun incremento de 4,2 puntos, “Telexornal Serán Fin de Semana” que sumou 2,3 puntos, “A Revista Fin de Semana” cun aumento dun punto, e “Telexornal Noite” e “Galicia Noticias” que medraron oito décimas cada un. No ranking dos 25 programas máis vistos en Galicia, a TVG acada a primeira posición con 15 emisións e conta con 9 dos programas máis vistos polo público de entre 25 e 44 anos, entre os que se atopan os catro con máis audiencia.

Por outra banda, no conxunto do día a canle pública galega destaca polas audiencias de venres a domingo con valores de 11,1%, 12,2% e 10,7% respectivamente, que incrementan no prime time cun 12,2% os venres, 12,9% os sábados e 11,7% os domingos.

Ademais, cabe salientar que a TVG actúa coma un dos principais motores da FORTA, superando a este grupo no conxunto do mes en 3,2 puntos de cota e no prime time á media das canles autonómicas en 3,4 puntos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar