Remata o Arde Lucus

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este domingo no desfile dos colexios, dentro do programa de actividades dos festexos do Arde Lvcvs, declarados este ano Festa de Interese Turístico Nacional. O percorrido foi máis longo que noutas edicións e participaron 21 centros educativos do municipio.

Os colexios participantes foron Divino Maestro, Casás, Gándarás, Anexa, Divina Pastora, A Ponte, María Auxiliadora, Fingoi II, Rosalía de Castro, Cervantes, Manuel Mallo Mallo, Luis Pimentel, As Mercedes, La Inmaculada, Albeiros, Menendez Pelayo, Quiroga Ballesteros, La Milagrosa, Sagrado Corazón, Illa Verde e Pradai. Durante o desfile estiveron acompados polos grupos Son de Lugh e Devandoira.

Nesta última xornada, houbo un circo infantil, o acto final das lexións romanas e das tribos castrexas, e o espectáculo final de Habeatis Bona Devm. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas e romanas foro outras das actividades da xornada dominical.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto