Homenaxe á primeira médica galega

 

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou no Concello de Baltar (Ourense) nunha homenaxe á Dra. Olimpia Valencia, a primeira muller galega licenciada en medicina e médica xinecóloga de Galicia.

“Nun tempo como o actual, no que de seguida se fabrican ídolos artificiais, case sempre baleiros de contido, fariamos ben en divulgar entre a nosa xuventude traxectorias como a de Olimpia Valencia e as de tantos outros homes e mulleres que, desde o esforzo persoal anónimo, abriron camiños pioneiros sen máis meta que o ben común e o engrandecemento de Galicia”, afirmou o presidente do Parlamento.

 

Nada en Baltar en 1898, Olimpia Valencia licenciouse en medicina na Universidade de Santiago en 1925. Posteriormente, especializouse en xinecoloxía, ampliando estudos en Alemaña e Suiza, para exercer en Vigo ata a súa xubilación.

 

 MULLER ADIANTADA AO SEU TEMPO

 

Con todo, como sinalou Santalices, “Olimpia Valencia foi unha muller comprometida e adiantada ao seu tempo”, como o acredita o seu apoio aos candidatos galeguistas en 1931 ou o respaldo público ao plebiscito do Estatuto do 36, feitos que chegarían a provocar a súa detención en 1937, despois do levantamento militar.

A Dra. Olimpia Valencia foi, en opinión do titular do Lexislativo autonómico, “unha patriota galega , merecedora da nosa gratitude e do recoñecemento unánime da nosa sociedade”.

Santalices Vieira, médico de profesión, felicitou ao alcalde de Baltar por tar organizado esta homenaxe á Dra. Olimpia Valencia na súa localidade natal e contribuir, deste xeito, a divulgar a traxectoria dunha figura senlleira.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar