O Castro Lupario e a Raíña Lupa

Un deses lugares míticos, de interese arqueolóxico emerecedores de maior atención é o Castro Lupario. O libro terceiro do Códice Calixtino, como xa sabemos, atribuído ao Papa Calixto II -irmán de Raimundo de Borgoña e esposo de dona Urraca, a filla de Alfonso VI- escrito coa ansia de promocionar o camiño e Compostela, trata sobre á translación das reliquias do Apóstolo. Nel cóntase que Lupa era unha viúva con castelo no Castro Lupario ou de Francos, que recibiu e orientou aos discípulos do Apóstolo cando tentaban darlle sepultura segura ao seu Mestre. A régula galega mandounos a Dugium, Fisterra, onde foron apresados e liberados milagrosamente e a cidade castigada, asolagada… despois dirixiunos ao Monte Ilicino, o Pico Sagro, ondedomarían serpes edos touros bravos que axudarían a tirarardo carro… Tamén a Rationale divinorum officiorum, escrita no 1182 por Jean Béleth, con diferencias, refírese a isto mesmo.

A mitolóxica Lupa relaciónase con covas, cimas, ruínas e tradicións célticas arredor do lobo. Aínda que nas raiceiras de todo mito sempre hai un principio histórico. No caso de Lupa até puidera ter orixe nun xinepónimo xermánico en relación cunha matrona Liuva, o que pola contra de loba, significa pacificadora. A cuestión acae. No futuro, a arqueoloxía, quizais algún epígrafe aclarará a cuestión.

O Castro Lupario ou do Faramello é monte de mediana altura, visible nos camiños da Mahía, con algo de pequeno monte faro orientador, Faramello con abas que caen ao Sar, río que de Compostela, a doce quilómetros, flúe cara Padrón, a oito. Quen teña visión arqueolóxica xa percebe que é o lugar axeitado para un hábitat castrexo, mesmo con restos de foxos e de tramos devalados pétreos con dous metros de espesura e máis de catro de altura, pedrullo,anacos de tégula… Baixo o castro os restos da ponte do regueiro de Condomiña nos antigos vieiros que levaban de Iría á civitas de Aseconia. Espazos que abren o maxín a fantasías en relación cos druídas, cos celtas e coa Traslatio do Apóstolo. Así é: a fins da primeira metade do século XX, Manuel Vida Rodríguez escribiu La Reina Lupa, drama histórico en tres actos y un cuadro musical acerca de los orígenes de Compostela e sobre todo o xesuíta padre don Xesús Carballo, a quen tanto debe a arqueoloxía galega e cántabra, ambienta nestes lugares a novela arqueolóxica e histórica de Fida la hija del último druida galaico. A cousa sigue e no 2004, Antonio Balboa Salgado volve ao tema co ensaio A Raíña Lupa, as orixes pagáns de Santiago.

Até o seu pasamento no 1985 o historiador da Arte, Manuel Chamoso Lamas, trataba deatar cabos arredor da suposta tumba apostólica, sobre a romanización e a cristianización destes confíns. Preocupouse por enclaves altomedievais, comezando por Compostela, seguindo por Iria Flavia, Tins, Moraime, cara Fisterra, pero tamén por Ourense, polo Santuario de Santa Mariña de Augas Santas en Allariz, Santa Comba de Bande, San Xes de Francelos, o pico sacro do San Trocado sobre o Castro de San Cibrán das Las? en terras luguesas polo ninfeo de Santa Baia de Bóveda, en Pantón por Castillós; nos camiños quirogueses do Courel, a Ermida…

Co mesmo exército romano, nestes confíns, de minas de estaño, ferro e ouro, traballados polos escravos, entrou e medrou a cristiandade. Misión levada por homes e mulleres arredor de cenobios que cristianizaban lugares de cultos pagáns, tal como propiciaban os santos galos de Tours, sobranceiros milites romanos, como Gregorio e Martiño. Namentres Prisciliano tentaba harmonizar o antigo panteísmo céltico coa nova relixión cristián. Nisto aséntanse os alicerces de Compostela, cidade que medra cando se usa e abusado mito e da imaxe do pacífico Apóstolo para abandeiralo como cabaleiro adail fronte ás razzias musulmáns. Así vanse abrindo os camiños de Europa e nacendo o Primeiro Reich, con Carlomagno, cara a unha catedral na que se venera ao Fillo do Trono.

Os manto de toxos exestas cobre e protexe hoxe ao Castro Lupario, no verán inzan as cobras e resulta difícil a subida. Dende a croa avéntanse outros castros e no horizonte esa cabeceira de seixo que é o Pico Sagro, pola outra banda o Monte Lobeira en terras do vilagarcián castro Alobre, predios nos que a lenda sitúa os feitos da indíxena Raíña Lupa, como unha Cleopatra ou unha Zenobia celta galaica, señora do mítico Castro de Veca que non é outro que o Castro Lupario.

Sabemos que estes montes castrados, “achairados” para coutos defensivos, no medievo aproveitáronse para fortalezas e non podía ser menos o castro do Faramello, como o veciño Castelo da Rocha Branca, sobre Padrón. No 1532 o mercedario Xoan de Azcona referíndose a cousas curiosas de Compostela conta que na Torre de Sixto tivo morada a Raíña Lupa. No século XVII o cronista Mauro Castella na Historia do Apóstolo, visita e refírese a este lugar en relación coas tradicións xacobeas. E a fins do XIX, o cóengo historiador , López Fereiro, na Historia da Catedral de Santiago incluso ofrece medidas dos restos da torre. Manuel Vida en La Tumba del Apóstol Santiago (1924) dinos que visitou o lugar cos investigadores Couselo Bouzas e Espiño Arceo, que preguntou aos veciños e conta que todos concluían en que “alí viviu a Raíña Lupa, a que recibiu aos discípulos de Santiago”e xa daquela queixase polo estado de abandono do lugar que “ningún turista debe omitir” por canto significa neste ascéticoXogo da Oca que é a translación das reliquias de Xacobe e polo tanto a peregrinación.

Refírese á historia de Lupa e da Traslatio o alabastro de Nottinghan, regalo a Compostela de Goodyear, párroco da Illa de Wigth no 1456, hoxe nos Museos da Catedral. Tema que tamén atopamos nalgunha outra predela de retablo renacentista, como a do Museo catedralicio de Astorga . O entusiasmo dos románticos celtofílicos, fixo que estes espazos, cerna e niño neste ascético camiño no noso Oeste, fora atractiva fonte de inspiración artística.

Dentro duna política cultural coherente, a que presupón racionalidade na aplicación e madurez da ciencia da Arqueoloxía como fonte da Historia entre os miles de xacementos castrexos da Gallaecia. Restos ameazados por formulacións viarias, urbanísticas, forestais e mesmo por escavacións arqueolóxicas innecesarias, tamén clandestinas, deberanse priorizar xacementos que enriquezan itinerarios turísticos, o que presupón mantemento e xestión museolóxica dos recursos. Claro que os castros do Tegra, Elviña, San Cibrán das Las,Castromao,Viladonga ou Baroña, son algún dos xacementos significativos. Pero hai outros, non menos grandiosos e que convén vixiar para futuros e conservalos ao xeito ingles, deforestados, limpos, para o pastoreo, sen escavación e permanentemente vixiados. Si ben o Castro Lupario está entre os preferentes xa que lle da pouso e complementa canto significa Galiza, ese revelador tramo que vai do Mar de Arousa, pasando por Iría, a Compostela, inspirador locus amoenusEn las Orillas del Sar, tamén baixo del as históricas e referentes fábricas de papel e do Pazo do Faramello que foron dos escultores barrocos Xosé Gambino e do seu xenro Xosé Ferreiro, unha galaica historia interminable.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar