O Consello de Contas entrega ao Parlamento a memoria anual

O Conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle ao Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira a memoria anual do Consello de Contas de 2016, que inclúe a memoria de actividades e as contas anuais da Institución correspondentes a este exercicio, así como os últimos informes de fiscalización aprobados.

Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao Plan anual de traballo de 2017 (contas xerais do exercicio 2015 da Administración xeral da Comunidade Autónoma, do Sergas, da Administración instrumental e das entidades locais); os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.

A documentación achegada inclúe os seguintes documentos e
informes:

Documentos
Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2016
Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2016
Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia:
PT 2017 Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma, exercicio 2015
PT 2017 Informe de fiscalización da Conta Xeral da Administración, exercicio 2015
PT 2017 Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2015
PT 2017
Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2015
PT 2017
Informe de fiscalización de Fondos Europeos, exercicio 2015
PT 2015
Informe de fiscalización sobre a Contratación dos servizos de limpeza no ámbito hospitalario do Sergas, exercicio 2015
PT 2016
Informe de fiscalización Selectiva da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061), exercicio 2014
PT 2016
Informe de fiscalización Traslado de pacientes en medios extraordinarios de transporte non urxente, exercicios 2008-2015
PT 2016
Informe sobre as contas rendidas no ano 2016 correspondentes ao exercicio 2015
PT 2015
Informe de fiscalización do Concello de Narón, exercicio 2013
PT 2015
Informe de fiscalización do Concello de Ferrol, exercicio 2013
PT 2017
Informe da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2015

PT. Plan anual de traballo.

Os informes de fiscalización aprobados polo Pleno do Consello de Contas de Galicia durante o ano 2017 atópanse dispoñibles a texto completo na sede web da Institución www.ccontasgalicia.es

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar