Homenaxes a Miguel Ángel Blanco en Ourense

O presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desprazouse ao cemiterio de A Merca para render unha homenaxe a Miguel Ángel Blanco, acompañado dun nutrido grupo de veciños e das autoridades locais.

O corpo do galego asasinado por ETA no País Vasco hai 20 anos repousa dende hai dez neste camposanto ourensan.

Pola sua parte, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo previamente  en Xunqueira de Espadañedo dixo que honrar a Miguel Ángel “é honrar a democracia e reivindicar a unidade fronte o terrorismo”, destacando que Miguel Ángel Blanco “representa un heroe dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas”.

Manuel Baltar lembrou que pasaron vinte anos “pero é como se pasaran vinte días, pois mantense unánime, só con algunhas excepcións, ese “espírito de Ermua”, esa unidade e levantamento do pobo español contra a barbarie terrorista, e por suposto honramos a figura Miguel Ángel Blanco, que representa un heroe dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas”.

A súa familia merece –afirmou Baltar- que desde Ourense teñamos un recordo especial, así o facemos hoxe en Xunqueira de Espadanedo e na Merca e cremos que homenaxear a Miguel Ángel Blanco é honrar a democracia, e todo o que fagamos neste sentido vai no bo camiño de rexeitar un terrorismo que protagonizou boa parte do século XX en España, que merece toda a nosa repulsa, e non esquecer, xa que os pobos que non lembran o seu pasado están condenados a repetilo. Por iso, honrar a Miguel Ángel e reivindicar a unidade fronte ao terrorismo, unha obriga que todos debemos practicar día a día”.

O acto, celebrado xunto ao “Monumento á Liberdade”, erixido na honra de Miguel Ángel Blanco en Espadanedo, municipio natal do pai do edil asasinado por ETA, contou coa presenza, ademais de Manuel Baltar, do alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, de familiares de Miguel Ángel Blanco, de autoridades institucionais da comarca e de veciños da localidade. No decurso do acto leuse un comunicado en memoria do edil de Ermua e de seguido tivo lugar unha ofrenda floral diante do “Monumento á Liberdade”, para rematar cun un minuto de silencio e un emotivo aplauso de respecto á figura de Miguel Ángel Blanco.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar