TVG: “Si, quero” en “Casamos

Hoxe, no programa “Casamos da Televisión de Galicia, os espectadores coñecerán a María e a David. A historia de amor desta parella foi aos tombos e, tras deixalo en repetidas ocasións, unha ruptura dun ano ameazou con romper o seu noivado para sempre.

Tras un ano enfadados e un reencontro casual, os protagonistas do programa de hoxe xa non quixeron separarse máis e, despois de sete anos de relación, David entendeu na distancia que non podía deixar escapar a muller da súa vida.

Nos días previos ao enlace, a parella ten que preparar tanto a súa voda como a mudanza ao novo piso, xa que unha vez que estean casados, David deixará a súa familia nas Pontes para ir vivir con María á Coruña.

QUE CASAS!

Que Casas!” comezará hoxe o seu percorrido no punto máis setentrional de Galicia e de toda a Península Ibérica, Estaca de Bares, onde o arquitecto Marcos Álvarez restaurou unha tradicional casa mariñeira cun respecto excepcional ao lugar onde se encadra e ao estilo construtivo co que se concibira inicialmente.

A continuación, o programa da TVG mudará de provincia para achegarse á ría de Aldán, en Cangas do Morrazo, onde coñecerá a Marisa, unha decoradora que vive nunha singular casa minimalista con paredes, chan e teito de madeira e unha conexión incontestable co mar.

Na cidade de Vigo, “Que Casas!” visitará a Manuel Alonso, un verdadeiro erudito que presentará a casa da súa filla, un moderno e curioso apartamento no centro urbano. O programa volverá unha vez máis a Tui, onde unha muller mozambicana, María Arnalda, descubrirá a casa onde viviu felizmente co seu home, un conde de orixe suíza recentemente falecido.

A entrega deste mércores de “Que Casas!” rematará no concello lucense de Pantón, onde José Alfonso se encarga de coidar dunha aldea antigamente abandonada e que foi recuperada por un grupo de persoas que agora se ocupa dunha pequena produción vitivinícola.

A REVISTA

A Revista” visita o Espacio Mahou Coruña, un centro de ocio creado na cidade herculina un edificio modernista da praza de San Andrés, onde durante anos estivo a tenda Labase. Durante un mes, o edificio contou con concertos exclusivos, encontros con artistas, experiencias gastronómicas e de deseño e hoxe, os reporteiros do programa asisitirán a unha clase ofrecida por Juan Crujeiras, chef do restaurante Bido, dirixida aos alumnos da Escola de Hostalería San Javier.

No estudio de gravación tamén estará a fotógrafa e deseñadora Teresa Abalde, que repasará a crónica social.

Mércores, 12.07.2017

CINEMA DE NOITE

CARAPUCHIÑA VERMELLA, A QUEN TES MEDO?”

(“Red riding hood”)

Director: Catherine Hardwicke

Elenco: Amanda Seyfried, Gary Oldman, Billy Burke, Shiloh Fernández, Max Irons, Virginia Madsen, Lukas Haas, Julie Christie, Shauna Kein

EUA, 2011, 91’, Drama / Fantástico (12)

**SINOPSE**

Nova versión de “Carapuchiña vermella”. Durante décadas, os habitantes de Daggerhorn manteñen un complexo pacto co home lobo: sacrifican un animal unha vez ao mes para saciar o apetito da besta que os atemoriza cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermello sangue, o lobo leva a vida dun ser humano, aumentando así o prezo do pacto. A vítima é a irmá maior de Valerie, unha fermosa moza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica da vila. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador a quen amou toda a súa vida. Para evitar que os separen, a parella decide fuxir, pero o lobo trastorna os seus plans. Os veciños acoden ao padre Solomon, un cazador de homes lobo, para que remate coa besta dunha vez por todas, pero a chegada de Solomon revoluciona aínda máis a vila cando advirte a todos que o lobo adquire forma humana durante o día e que podería ser calquera deles. Agora todos son sospeitosos…

MINUTADO do 12/07/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

AXUSTES AQUÍ GALICIA

08:05

TOP 10 “Cancións galegas”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:40

A COCIÑA DE ANDRÉ “Masa filo rechea de vieira”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:10

O FARO Cap. 210

Serie. Lidia cre que Sofía e Andrés teñen unha relación e por iso Andrés quere divorciarse dela. Pola súa banda, Andrés está a pasalo moi mal e tampouco lle gusta que Lidia sufra pola súa culpa. Lucía decátase do dura que foi con Ricardo no pasado e quere, polo ben do neno, que a súa relación sexa mellor. Víctor ten celos de Hugo porque Patri se preocupa moito polo seu compañeiro de piso. Fina está a piques de recibir unha nova moi desagradable, que ten que ver co técnico e que resolve moita das dúbidas que tiña ata ese momento.

12:00

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

12:40

A REVISTA

Presenta Almudena de Urzáiz. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

VAIA TROULA

15:55

O TEMPO

16:10

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:15

BAMBOLEO Á TARDIÑA

O espazo musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén acompañará os espectadores polas tardes durante este verán.

19:55

A COCIÑA DE ANDRÉ. RECEITAS DE VERÁN “Pluma ibérica e salsa de pexegos”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:10

CASAMOS! “A historia de amor de María e David”

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!”. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Os espectadores coñecerán hoxe a María e a David. A historia de amor desta parella foi aos tombos e, tras deixalo en repetidas ocasións, unha ruptura dun ano ameazou con romper o seu noivado para sempre. Tras un ano enfadados e un reencontro casual, os protagonistas do programa de hoxe xa non quixeron separarse máis e, despois de sete anos de relación, David entendeu na distancia que non podía deixar escapar a muller da súa vida.

23:20

CASAMOS! (Rep.)

00:25

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. O programa entrará hoxe nunha casa mariñeira de Estaca de Bares, nunha vivenda minimalista de Cangas do Morrazo, nun apartamento no centro de Vigo e nunha aldea recuperada en Pantón.

01:30

CINEMA DE NOITE “Carapuchiña vermella, a quen tés medo?”

(“Red Riding Hood”), de Catherine Hardwicke, con Amanda Seyfried, Shiloh Fenández, Max Irons, Gary Oldman, Julie Christine. EUA, 2011, 91’, Drama-fantástico (12).
Chega unha nova versión da “Carapuchiña Vermella” de toda a vida. Durante moito tempo, os habitantes de Daggerhom teñen un complexo pacto co lobishome: para alimentarse, sacrifícanlle mensualmente un animal. Pero a besta, rompe co pacto, devorando a un humano. A víctima é a irmá de Valerie, unha fermosa rapaza que ven de coñecer que os seus pais vana casar con Henry, o herdeiro da familia máis adiñeirada da vila. Pero o problema é que ela está namorada de Peter, un leñador. Ambos deciden fuxir, pero o lobishome troca os seus plans. Para acabar coa besta definitivamente, os habitantes da vila contratan ao padre Solomon, un experto cazador de lobishomes. Solomon creará aínda máis o pánico entre os habitantes da vila cando lles di que o lobishome adquire forma humana durante o día e que a criatura podería estar entre os habitantes da vila camuflada.

03:05

TELEXORNAL NOITE

03:15

CASAMOS! (Rep.)

04:20

MAR DE FONDO

04:25

NOITE DE JAZZ

04:40

SONS NA NOITE

05:00

NOITE DE JAZZ

05:15

TI VERÁS (Rep.)

07:10

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar