TVG: “Luar” celebra hoxe o Concurso “Miss Vaca”

O programa “Luar” celebrará este venres a novena edición de “Miss Vaca”, un singular concurso co que pasarán polo programa os mellores exemplares das catro provincias galegas, con desfiles incluídos, e ao final da noite proclamarase a gañadora, cun premio en metálico para o seu dono.

Aínda que este venres vai estar centrado nun animal tan galego coma a vaca, o espazo da TVG tamén ofrecerá, como é habitual, unha completa e variada selección musical, en que destaca o grupo Camela, que continúa na brecha despois de 23 anos de estrada e dos primeiros postos nas listas de vendas e popularidade de España. O dúo presenta novo disco, “Me metí en tu corazón”, unha coleccións de dez cancións en que non deixa de innovar no seu son, pero sen perder a esencia que o levou a crear a súa propia identidade e un estilo xenuíno.

O programa tamén ofrecerá esta noite as actuacións do cantautor ourensán Emilio Rúa, que ten como bazas cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a produción e un estilo absolutamente persoal e característico.

Ademais, subirán ao escenario de “Luar” os xemelgos Cortés, que, con só sete anos, xa teñen o seu primeiro traballo discográfico. Os dous irmáns déronse a coñecer nun soado concurso, onde engaiolaron a todos co seu carisma, a súa inxenuidade e o seu talento.

O cartel artístico da noite complétase coa presenza da orquestra Superfama, Pandeireteiras sen Fronteiros, Armadanzas de Laraño e Melidaos e o mentalista Pablo Raijenstein.

Por outro lado, despois de que pasasen á final os Repichoqueiros da Malatesta, os espectadores coñecerán esta semana o nome do segundo finalista do concurso “Vai de Baile”, que sairá do enfrontamento entre Garañetas de Lugo e Foliadeiros de Lorient. Con respecto a “Recantos”, a primeira praza na final disputarana O Pérez, representante da comarca do Miño, e Antonio Barros, de Vigo.

 

 

FONTEALBA

 

Hoxe chega o último especial da serie “Fontealba” da Televisión de Galicia co que os espectadores poderán ver, a través de varios recordos de Toño e Perfecta, a súa historia, que de debuxa, as súas personalidades e decubre os seus segredos. Hai cousas que non se poden esquecerse, coma cando Toño foi chofer do doutor, cando se meteron na habitación de Aurora e logo non souberon como explicar esa situación, os seus bicos, as súas apertas e as súas discusións, que fan destes dous personaxes algo inesquecible.

 

A REVISTA

 

Hoxe o programa “A Revista” asistirá ao Corazón de Artesanía, o Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organízado nos Pendellos de Agolada, Pontevedra. A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño puxo en marcha esta iniciativa no ano 2012 co obxectivo de favorecer a promoción, divulgación e comercialización do produto artesán galego, pensado tanto para o público xeral como para os profesionais e especialistas. Os reporteiros tamén estarán en Santiago de Compostela, xa que o Camiño pechou un primeiro semestre de sona con marca histórica, cun total de 112.120 peregrinos, superando o 2016 que era ata agora o seu mellor ano histórico, con 101.050, o que implica un aumento do 11%.

Por outra banda, o presentador Sevi Martínez conversará con Juan Gómez Reino, o primeiro presidente galego da Sociedade de Reumatoloxía que visitará o programa para falar e advertir que un de cada cinco adultos en España está afectado por unha enfermidade reumática, como pode ser a artrite, a artrose ou a dor de lumbar, consideradas enfermidades leves pero pola contra poden supoñer un risco para a vida do paciente. Tamén estará no estudio de gravación o colaborador Octavio Villazala, que despedirá a semana traendo un novo animal.

 

MINUTADO do 07/07/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Aldea rural Cousa”

 

08:05
TOP 10 “O Pórtico da Gloria”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

 

09:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Pablo Acción, María Méndez e Valentín Carrera.

 

10:40
A COCIÑA DE ANDRÉ “Mexillóns gratinados”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

 

11:10
O FARO Cap. 207

Serie. Hoxe, Lidia está desfeita tras a mala nova que acaba de darlle Andrés e busca apoio en Erea e Ricardo. Lidia culpa a Gonzalo da decisión que tomou Andrés e interésase polo contido da conversa que mantiveron Andrés e o cardiólogo ás agochadas. Erea fai unha visita ao Faro e Ánxela intenta convencela para que Diego volva á súa casa. Alí, Erea descobre algo moi importante sobre a ocupación de Lucía durante a súa estancia noutra cidade. Fina comeza a desconfiar do técnico que os informou sobre a construción da autovía e quere contactar con el para facerlle algunhas preguntas. Carme quere que Luís acepte traballar para Samáns e que Ricardo sexa un dos seus profesores en todo o relacionado coa arquitectura.

 

12:00
GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

 

12:40
A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

 

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

 

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

 

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

 

15:30
VAIA TROULA

 

16:00
O TEMPO

 

16:15
ESPECIAIS FONTEALBA “Toño e Perfecta, a obra de arte”
Os espectadores poderán ver, a través de varios recordos de Toño e Perfecta, a súa historia, que de debuxa, as súas personalidades e decubre os seus segredos. Hai cousas que non se poden esquecerse, coma cando Toño foi chofer do doutor, cando se meteron na habitación de Aurora e logo non souberon como explicar esa situación, os seus bicos, as súas apertas e as súas discusións, que fan destes dous personaxes algo inesquecible.

 

17:00
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

 

17:55
BAMBOLEO Á TARDIÑA

O espazo musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén acompañará os espectadores polas tardes durante este verán.

 

19:55
A COCIÑA DE ANDRÉ. RECEITAS DE VERÁN “Crema de mexillóns con navallas”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

 

20:25
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

 

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

 

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

 

22:00
O TEMPO

 

22:10
LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
“Luar” celebra hoxe a novena edición do concurso “Miss Vaca” e recibe a visita de Camela, que presenta novo disco. O programa tamén ofrecerá as actuacións do cantautor ourensán Emilio Rúa, dos xemelgos Cortés, da orquestra Superfama e de Pandeireteiras sen Fronteiros.

 

01:35
CASAMOS! (Rep.)

 

03:35
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

 

03:45
ESPECIAIS FONTEALBA “Toño e Perfecta, a obra de arte” (Rep.)

 

04:30
GAÑA A TÚA SORTE (Rep.)

 

05:05
REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Seoane do Caurel”

 

05:15
NOITE DE JAZZ

 

05:30
SONS NA NOITE

 

05:50
NOITE DE JAZZ

 

06:25
TI VERÁS (Rep.)

 

07:10
A REVISTA (Rep.)

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar