Firme irregular en Teo, según denuncia o PP local

A obra de rebacheado realizada a pasada semana na estrada que vai do lugar de San Domingos a Vilar de Calo, unha das vías máis transitadas polo interior do concello, “é un auténtico despropósito á vista do resultado: un firme irregular nun estado moi deficiente e con grava solta ao longo de todo o traxecto que provoca deslizamentos dos vehículos”. según a denuncia realizada publicamente polo Partido Popular de Teo.

Con esta execución de baixa calidade, o Concello de Teo pón en práctica a xestión de “baixo custo”, para indignación da veciñanza de Calo, que transmitíu o seu malestar ao grupo popular teense, tildando a execución de “vergonzosa xa que quedou peor do que estaba, deixando incluso sen arreglar grandes baches e tapando o pouco que quedaba de pintura”.

A obra debía mellorar o firme que vertebra unha parte da parroquia de Calo e que discorre entre o Milladoiro e Luou, do lugar de San Domingos a Vilar de Calo, nun tramo que percorre aproximadamente uns catro quilómetros e que dá servizo principalmente á veciñanza desta parroquia e Luou; sumando entre ambas as dúas máis de 5.500 habitantes.

UNHA OBRA “INADMISIBLE”

En palabras da veciñanza, o resultado da obra realizada resulta “inadmisible”, impropio para unha vía de moito tránsito, especialmente utilizada pola veciñanza das dúas parroquias citadas para os desprazamentos diarios a Ames e Santiago.

A esta cuestión engádese outra queixa transmitida en semanas anteriores pola veciñanza desa mesma parroquia e trasladada en pleno polos populares teenses, motivada polo lamentable estado de abandono dunha canalización que cruza outro viario nas cercanías do colexio de Calo.
Para os populares teenses esta deixadez do executivo resulta insostible e solicita un asfaltado en mellores condicións para esta vía que dá servizo a dúas parroquias nas que vive case un tercio dos habitantes do Concello.

© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto