A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega a sua 33 edición

Esta 33ª MIT estruturarase en 4 grandes bloques na edición deste ano: continuidade na aposta estratéxica do festival por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial (Este ano teremos a presentación en Galicia de figuras fundamentais da escena contemporánea como Suzanne Andrade do Reino Unido ou Eimuntas Nekrosius de Lituania) e a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos. Nesta nova edición veremos un apartado especial adicado á creación contemporánea a partir da obra de William Shakespeare (diversas visións escénicas contemporáneas a partir dun clásico, tanto as obras do proxecto Comedias de Teatro de la Ciudad, como as coproducións do festival coa compañía Voadora ou Teatro Oficina de Portugal, por exemplo). Tamén, atención á danza, ao circo e as artes de rúa no festival (Vaivén Circo, Nova Galega de Danza, etc.) e a posta en escena de Valle-Inclán en galego nunha función especial de clausura do festival o día 24 de xullo co’A cabeza do Dragón, de PT. Excéntricas con música da man do TAC (Taller Atlántico Contemporáneo), un fito para o teatro galego despois de que se liberasen os dereitos de autor e puidesemos comprobar o ben que soa Valle-Inclán na escena en lingua galega. Unha montaxe que se move entre a influencia xaponesa e a tradición da farsa europea para construír un espectáculo cheo de máscaras e combates acrobáticos.

A MIT de Ribadavia conseguiu en poucos anos posicionarse con prestixio na rede de festivais contemporáneos de verán a nivel europeo, grazas ás colaboracións, acompañamento e apoios específicos como a conexión que a MIT propiciou entre a compañía galega Voadora, dirixida por Marta Pazos, e o chileno Marco Layera para o seu espectáculo de 10º aniversario, Soño dunha noite de verán, co que logrou ademais o apoio dos fondos de Iberescena. Os foros, coloquios e cursos que a MIT organiza dentro das ACTIVIDADES PARALELAS son un atractivo apartado para o encontro, tamén con investigadores e creadores procedentes de todo o territorio español, de Galicia e doutros países como Francia e Portugal, así como un forte proxecto de divulgación e formación crítica de espectadores, encamiñada ao fomento da competencia estética da cidadanía. O festival seguirá apostando polas residencias artísticas para a creación, o fomento da igualdade nas artes escénicas, así como polo programa Ruadavia (teatro de rúa) e o programa infantil da MIT. A presenza de Premios Nacionais (de Circo, Danza e Teatro) conviven nos espazos e nos foros co apoio ás novas dramaturxias (velaquí, por exemplo, a estrea de Todo sobre Eva, Premio Abrente 2016 de Xandra Táboas dirixido por Diana Mera).

Espectáculos procedentes de Reino Unido, Grecia, Alemaña, Francia, Portugal ou Lituania convivirán coas estreas, coproducións e funcións (especiais) galegas e coa presentación doutras creacións do resto do estado, entre as que poderiamos destacar a estrea en Galicia do novo Proxecto “Comedias” de Teatro de la Ciudad en coprodución con La Abadía, coa representación de Sueño de Andrés Lima e La Ternura de Alfredo Sanzol e un curso intensivo arredor da metodoloxía de creación destas dúas comedias a partir de textos de Shakespeare impartido polo propio Alfredo Sanzol, entre o 17 e o 19 de xullo, en colaboración coa AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia) e AISGE.

Teatro de la Ciudad presentará en días consecutivos os seus froitos máis recentes, La Ternura, unha comedia na que Sanzol intenta trasladar a imposibilidade de protexernos do dano que produce o amor, porque se queremos amar témonos que arriscar a sufrir. A crítica sinálaa como a comedia máis brillante do ano e o público sae do teatro en éxtase. O outro director responsable do proxecto escénico de 2017 desta unión concibida como unha aposta pola investigación, reflexión, creación, produción e exhibición do teatro contemporáneo é Andrés Lima. El presentará Sueño, unha lectura en diálogo coa que tamén fará Marta Pazos a partir da peza Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare. Se no caso de Pazos o foco está na identidade de xénero, na liberdade sexual e na igualdade, no de Lima estará no terreo dos contrastes: delicadeza humana e o instinto animal, o etéreo e o terrenal, o onírico e o banal, o artificio fronte ao natural, o desenfreno e o racional, o desexo e o real.

Clean City é unha coprodución do Onassis Cultural Centre-Athens e do Goethe-Institut, no contexto do proxecto EUROPOLY. Unha obra dos novísimos Anestis Azas e Prodromos Tsinikoris, saídos da escola dos alemáns Rimini Protokoll e actuais directores artísticos da Escena Experimental do Teatro Nacional de Atenas. Un espectáculo que está percorrendo os teatros e festivais máis destacados de Europa e que viu a luz despois de varios meses de investigación a partir da retórica da ultradereita sobre as ideas de limpeza e pureza, nunha vaga xenófoba que se alimentou dos desastres da crise económica. Clean City proporanos unha revisión dos estereotipos a partir de historias reais de mulleres da limpeza que chegaron a Atenas procedentes de Filipinas, Moldavia, Albania, Sudáfrica e Bulgaria. Daquela, Clean City quere lanzarnos algunhas preguntas: quen limpa, na práctica, o país? Por que a maioría do persoal de limpeza en Atenas son mulleres e inmigrantes? Por que aínda vivindo en tan pésimas condicións, de maneira ilegal e lonxe do seu fogar recordan ese tempo con ledicia e xovialidade? Quizais teña que ver coa emancipación, a liberdade e a dignidade… Para non perder o relato e o baile liberador destas cinco mulleres en escena.

O espectáculo de inauguración deste ano, previsto para o 15 de xullo no Auditorio do Castelo, é unha aposta pola continuidade da presentación de linguaxes híbridas da escena, que nos permitan cuestionar etiquetas, xéneros e ampliar a mirada, as regras e consideracións sobre a arte escénica. Ademais, Golem, unha das máis aclamadas creacións da dramaturga e directora británica Suzanne Andrade, explora de forma satírica e moi intelixente unha das grandes cuestións do mundo moderno: quen ou que ten o control sobre as nosas tecnoloxías? Unha peza visualmente impactante, ambientada nun mundo futurista, con estética de novela gráfica de grandes proporcións e outra das grandes apostas internacionais do festival nesta edición coa presentación en Galicia da prestixiosa compañía 1927 en coprodución cos tamén moi prestixiosos Festival de Salzburgo, Théâtre de la Ville de París e Young Vic Theatre de Londres.

A MIT 2017, pola súa banda, tamén estará marcada por unha función especial para conmemorar o 30 aniversario do grupo Chévere. Ligado estreitamente á MIT (Premio de Honra da MIT 2011), espazo de presentación do Proxecto Berberecheira, etc., Chévere presentará unha edición especial revisitada do espectáculo Annus Horribilis na MIT 2017, delirio musical que se estrou na NASA en outubro de 1994 e que volverá a ser afinado para esta ocasión tan especial e única.

O festival de Ribadavia tamén será o marco da estrea no estado español da nova obra do prestixioso director, mestre da escena europea, Eimuntas Nekrosius, coa súa compañía Meno Fortas. The Hunger Artist foi o último traballo de Kafka. Nekrosius toma ese último conto de Kafka como punto de partida para indagar no noso inconsciente, para ver na nosa mirada, nos nosos ollos, o baleiro e a necesidade de nutrirnos, da nosa fame de comprender e de amar. Na trama do texto, existe xa algo sumamente teatral. Non só polo personaxe protagonista, un fenómeno de feira, que é exhibido ao público dun circo. Toda a narración ten unha ambientación esencial que parece recreada sobre as táboas dun escenario. Unha xaula cun reloxo, un leito de palla, algún facho: minimalismo beckettiano, onde cada obxecto está iluminado pola súa funcionalidade simbólica e narrativa. Unha parábola irónica e sarcástica da eterna e actual “misión” do artista, das súas contradicións e das súas faltas e onde nesta posta en escena, se notan elementos autobiográficos do propio Nekrosius. O personaxe principal está interpretado por unha figura feminina, a extraordinaria “Ofelia” do famoso Hamlet de Nekrosius, a gran actriz Viktorija Kuodité. Esta produción foi estreada no Festival de Spoleto con enorme éxito de público e de crítica. Tutt’Oggi sentenciaba: “Se fose pola nosa decision, non habería dúbida. O mellor espectáculo de teatro visto no Festival dei Due Mondi, é sen lugar a dúbidas, “Hunger Artist”, programado na catedral metafísica de San Simone”.

Ademais destes espectáculos, outras actividades coma obradoiros, conferencias, espectáculos na rúa (estimulantes e innovadores tamén as artes de rúa coma o fermoso Vincles da compañía balear Circ Bover ou a xa moi premiada a pesar da súa curta traxectoria compañía Cirk about it, de Castela-León), os satélites da MIT no rural, etc., complementan o programa oficial, que logo se amplía de maneira natural nas tertulias, encontros e espazos non oficiais, os das terrazas, viños e pozas do Ribeiro.

Ao acto de presentación asistiron o Director da AGADIC e o Secretario Xeral de Cultura, o que visibiliza o apoio e compromiso que a Xunta de Galicia ten coa MIT de Ribadavia, grazas a un convenio anual de 60.000€ dende que este festival recibiu o Premio da Cultura na modalidade de Artes Escénicas. Tamén interviu o Alcalde, pois o Concello de Ribadavia é a Administración coordinadora deste festival público ao que contribúen tamén a Deputación de Ourense e o Ministerio de Cultura a través do INAEM. Outras fontes de financiamento do festival, que ten un orzamento aproximado de 180.000€, son os patrocinios privados e a venda de entradas.

MIT 2017 PROGRAMA DE ESPECTÁCULOS (15-24 XULLO 2017)

Día 15 // sábado

20:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Do not Disturb – Vaivén Circo – Andalucía. (Premio Nacional de Circo)

21:15 Inauguración oficial da MIT 2016. Igrexa da Madalena.

21:45 Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.

23:00h – Auditorio do Castelo – Golem – 1927, en coprodución con Festival de Salzburgo, Théâtre de la Ville de París e Young Vic Theatre de Londres – Reino Unido.

Día 16 // domingo

20:30 – Praza Maior (Ruadavia) – Vincles – Circ Bover – Illas Baleares.

23:00 – Auditorio do Castelo – Annus Horribilis – Chévere (30 aniversario) – Galicia. (Premio Nacional de Teatro)

Día 17 // luns

10:00 – 15:00 – Obradoiro con Alfredo Sanzol, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

23:00 – Auditorio do Castelo – Clean City – Onassis Cultural Centre-Athens e Goethe Institut – Grecia e Alemaña.

Día 18 // martes

23:00 – Auditorio do Castelo – Sueño – Teatro de la Ciudad Madrid.

Día 19 // mércores

20:00 – Francelos (Programa SputMIT – satélites da MIT) – Xan Perillán compra queixo, compra pan – Os monicreques de Kukas – Galicia.

23:00 – Auditorio do Castelo – La Ternura – Teatro de la Ciudad Madrid.

Día 20 // xoves

20:30 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Todo sobre Eva – cia Xandra Táboas – Galicia. (Premio Abrente 2016)

23:00 – Auditorio do Castelo – Conto de inverno – Teatro Oficina, CCVF, CDG, Teatro Aveirense e MIT Ribadavia – Portugal e Galicia.

Día 21 // venres

12:00 – Resolución do 12º Premio Abrente – Salón de actos do Concello de Ribadavia (Praza Maior).

20:00 – San Cristovo (Programa SputMIT – satélites da MIT) – Feo! – Caramuxo – Galicia.

23:00 – Auditorio do Castelo – Soño dunha noite de verán – Voadora, Festival de Almada, Iberescena, Marco Layera, Malverde Produçoẽs e MIT Ribadavia – Galicia, Portugal, Chile e Brasil.

Día 22 // sábado

20:30 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – A galiña azul – Tanxarina – Galicia.

23:00 –Auditorio do Castelo – The Hunger Artist (El ayunador) – MenoFortas – Lituania.

1:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Concerto de Mónica de Nut – Galicia. (Colaboración e apoio da MIT ao proxecto Arteficial)

Día 23 // domingo

20:30 – Praza Maior (Ruadavia) – El apartamento – Cirk about it – Castela e León.

23:00 – Auditorio do Castelo – Son – Nova Galega de Danza – Galicia.

Día 24 // luns

19:30 – Sampaio (Programa SputMIT – satélites da MIT) – O afiador – Mago Teto – Galicia.

21:00 – Santo André (Programa SputMIT – satélites da MIT) – O afiador – Mago Teto – Galicia.

23:00 – Auditorio do Castelo – A cabeza do dragón – PT Excéntricas – Galicia.

© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto