TVG: Vane e Juan danse o “Si, quero” na entrega desta noite de “Casamos”

 “Casamos” chega esta noite cunha nova historia de amor. Juan namorouse de Vane en canto a viu mentres preparaba cócteles no local onde traballaba en Cangas. Agardou ata ano e medio para volver atoparse con ela e desta vez non a deixou escapar e deste segundo encontro azaroso en Bueu, Vane tamén quedou marabillada.

A primeira cita non se fixo esperar. O amor xurdiu de tal maneira que nun mes vivían xuntos e en seis meses decidían ir polo seu primeiro fillo. Despois de seis anos e varias aventuras vitais e profesionais, esta parella está máis namorada ca nunca e deciden celebralo cunha voda inesquecible e multicultural. Hoxe os espectadores asistirán a unha historia de amor de conto de fadas, con pedida de man a cabalo e declaración de amor a viva voz nun programa cheo de emoción.

QUE CASAS!

O programa “Que Casas!” realizará hoxe outra viaxe polas vivendas do país en Cangas do Morrazo, onde a arquitecta Carmen Viño presentará unha tradicional casa de pedra que reformou no ano 2015.

Na seguinte visita, o espazo da TVG ficará na provincia de Pontevedra mais virará cara ao interior ata chegar ao concello de Forcarei, lugar onde o arquitecto Luís Gil converteu unha vivenda rural do século XIX no seu fogar cunha delicada reforma que actualiza as súas funcionalidades.

Aínda máis no interior, “Que Casas!” visitará a parroquia de San Martiño de Ombreiro, no concello de Lugo. Alí o artista multidisciplinar Gonzalo Velasco amosaralles aos espectadores o seu “barco de luz”, que é como define o seu fogar.

No concello de Valdoviño, o programa coñecerá a Lucila e a súa casa estival, decorada con gran cantidade de antigüidades. En Cameixa, na comarca do Ribeiro, o profesor da USC Óscar García amosará a súa vivenda de deseño moderno enclavada na montaña ourensá e arrodeada de vides.

A REVISTA

A Fundación Barrié e a Xunta de Galicia impulsaron hai un ano o proxecto Piteas, un programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas. O programa “A Revista” visita hoxe un dos oito centros elixidos en Galicia para levar a cabo esta iniciativa: o CEIP Ben-Cho-Shey de Ourense. O programa desenvólvese en primeiro de primaria e o próximo ano continuará co paso dos alumnos a segundo curso, ao remate de cuarto farase un balance final e decidirase se se estende ao resto de Galicia. Este proxecto ten como obxectivo que cada colexio saque o máximo rendemento da capacidade dos seus estudantes.

Os reporteiros do programa tamén estarán en Marín para coñecer de preto unha iniciativa levada a cabo polo seus veciños, que queren que o concello cree un Museo do Mar. Os impulsores xa instalaron no Multiusos da praza de abastos algunha das pezas que contería o novo recinto solicitado.

Por outra parte, o presentador Sevi Martínez conversará coa escritora Elena Gallego Abad, que visita o programa para presentar o seu novo libro “O xogo de Babel”, que narra a historia dun intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante. Ademais, a fotógrafa e deseñadora Teresa Abalde estará no estudio de gravación para repasar a crónica social.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O programa “ZigZag Diario” pon hoxe o foco nos festivais de verán en Galicia. Os espectadores poderán coñecer detalles do festival Atlantic Fest da Illa de Arousa, que terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo. Este evento contará con música en vivo grazas a artistas como Los Planetas, Delorean ou Lori Meyers, e con actividades para nenos, un mercado discográfico, conferencias e charlas.

O espazo da tvG2 tamén ofrecerá unha reportaxe sobre o Noroeste Pop Rock, unha cita musical única en España, cun atractivo programa de concertos ao aire libre e que cada ano reúne 70.000 persoas. Organizado polo Concello da Coruña, haberá máis de cen bandas e artistas e 15 escenarios por toda a cidade durante os seis días que dura o evento, entre o 8 e o 13 de agosto.

Ademais, os reporteiros do programa tamén falarán con Bflecha, o alias de Belén Vidal Iglesias, que presenta o seu novo traballo, “Kwalia”, un tratado de música futurista.

Por outra parte, a presentadora de “ZigZag Diario”, Pilar G. Rego conversará coa pianista Andrea González, creadora do IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui – Valença, situado en ambas as dúas marxes do río Miño, entre o suroeste de Galicia e o norte de Portugal. O evento ofrece un atractivo calendario de eventos musicais e formativos nos que se inclúen master classes, workshops e concertos. O fío condutor do festival é a familia de instrumentos de teclado.

Mércores, 14.06.2017

Cinema de Noite (00.30 h.)
NON MIRES ATRÁS”
(“La Ragazza del Lago”)
Director: Andrea Molaioli
Elenco: Toni Servillo, Denis Fasolo, Nello Mascia, Fausto Maria Sciarappa, Marco Baliani, Giulia Michelini, Franco Ravera, Valeria Golino, Sara D’Amario, Heidi Caldart, Fabrizio Gifuni, Omero Antonutti, Anna Bonaiuto, Alessia Piovan, María Sole Mansutti, Enrico Cavallero, Daniel Griggio, Sandra Cossatto, Marzia Postogna, Augusto Balliana
IT, 2007, Comedia, 90´, (7)
**SINOPSE**
	Unha pequena e idílica poboación italiana na rexión dos Dolomitas (Alpes orientais) queda conmocionada pola violenta morte dunha adolescente nunha paraxe montañosa. Da capital vén o inspector Sanzio para encargarse dun caso en que tanto a vítima coma o crime aparecen rodeados de misterios.







MINUTADO do 14/06/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Luís Pérez, Luís Villamor e María Méndez.

:

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Guiso de garavanzos e castañas maias”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:00

O FARO Cap. 190

Serie. A vida sentimental de Lucía non está pasando polo seu mellor momento, así que centra todos os seus esforzos en reactivalo Faro. Erea comeza a pensar seriamente en traballar nos Samáns, aínda que non precisa ese emprego, podería sacar algún beneficio do seu novo posto. Lidia e Begoña aclaran o que cada unha sinte por Gonzalo. Patri toma un paso moi importante na súa relación con Víctor. A decisión colle por sorpresa a Víctor.

:

12:00

MELLOR XUNTOS Cap. 10

O programa “Mellor Xuntos” retrata proxectos cooperativos galegos “Mellor Xuntos” falará hoxe con Sonia e os seus amigos da empresa Amarelante e mais con Juan Gómez e as súas compañeiras de Xedega, unha xestora que leva moitas cooperativas por toda Galicia e que participa tamén da filosofía do traballo en común. O programa rematará en Covelo, onde descubrirá os segredos dun proxecto moi sigular, Árbore da vida.

:

12:30

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:45

FONTEALBA Cap. 187

Fran confesa o seu problema a Asun, ela é moi comprensiva e colaboradora con el.
Lola ten unha pequena reacción alérxica nun brazo. Xa que marcha Andrés, Luís ten que buscar un novo capataz. Paco recoméndalle a Carmela. Mentres, Lola ten unha crise respiratoria.

:

16:40

TI VERÁS Cap. 128

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40

PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE Cap. 111

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00

PADRE CASARES Cap. 195: “Mal raio te parta”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Un raio desafortunado deixará vacante a plaza de bispo da diócesis. Culpable? Crisanto. Ou, polo menos, de eso o acusan propios e estranos. E Delmiro feliz. Normal. Pero pouco lle dura a felicidade. Maite encontrará parella. Onde? onde a Delmiro máis lle vai doer.

:

19:15

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Ana Pérez.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

CASAMOS! “A historia de amor de Vane e Juan”- “A historia de amor de Diana e Jesús”

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!”. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.
Hoxe, Juan namorouse de Vane en canto a viu mentres preparaba cócteles no local onde traballaba en Cangas. Agardou ata ano e medio para volver atoparse con ela e desta vez non a deixou escapar e deste segundo encontro azaroso en Bueu, Vane tamén quedou marabillada.

:

00:10

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.

:

01:05

CINEMA DE NOITE “Non mires atrás”

(“La Ragazza del Lago”), de Andrea Molaioli, con Toni Servillo, Denis Fasolo, Nello Mascia, Fausto Maria Sciarappa, Marco Baliani, Giulia Michelini, Franco Ravera, Valeria Golino, Sara D’Amario, Heidi Caldart. IT, 2007, Comedia, 88´ (7)
Unha pequena e idílica poboación italiana na rexión dos Dolomitas (Alpes orientais) queda conmocionada pola violenta morte dunha adolescente nunha paraxe montañosa. Da capital vén o inspector Sanzio para encargarse dun caso en que, tanto a vítima como o crime, aparecen rodeados de misterios.

:

02:40

TELEXORNAL NOITE

02:50

FONTEALBA Cap. 187 (Rep.)

:

03:45

CASAMOS! “A historia de amor de Vane e Juan” (Rep.)

:

04:50

MAR DE FONDO

Información do estado do mar

04:55

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

05:15

NOITE DE JAZZ

05:45

A REVISTA (Rep.)

06:55

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR


			
			
			

© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto