TVG: “Casa Manola” recibe hoxe a dous membros da RAG

Casa Manola” recibe hoxe a visita de Feáns e Boisaca, dous membros da Real Academia Galega, interpretados polos actores Marcos Viéitez e Josito Porto, que van elixir o escritor que vai ser homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas. Nacho quere aproveitar a súa presenza para obter recoñecemento como poeta e, para sorpresa de todos, non tardan en aceptalo nas súas reunións. Non obstante, os escritores agochan un escuro propósito.

Pola súa parte, Sindo tamén quere entrar a formar parte da elite local: os xubilados. E mentres tanto, e a pesar de que deixou a bebida, Barrantes comeza a falar cunha rapaza que ninguén máis ve.

ERA VISTO!

Era Visto!”, o espazo de humor que ten como protagonistas os veciños de Lameiro, chega este luns con novas aventuras. A primeira de todas será o cambio de vida de Moncho, que de súpeto se converte en executivo de Subministros Anselmo.

Ademais, Milucho comeza a interesarse por Jéssica, a mellor amiga de Kevin, que os ve bicándose, polo que comezará de inmediato a investigar para atopar a mellor maneira de vingarse. Por outra parte, unha cegoña fixo un niño no tellado de Puskas, polo que terá que decidir se acabar con ela a tiro de escopeta ou deixar alí os animais.

CON AMOR E COMPAÑÍA

As noites dos luns na Televisión de Galicia son veladas de entretemento, música e variedades da man do programa Con Amor e Compañía”, presentado por David Amor e acompañado dun elenco de colaboradores que non deixan de abraiar cada semana nin ao presentador nin aos espectadores galegos.

Hoxe no estudio do programa brillará o actor galego Luís Zahera. De todos é coñecida a traxectoria deste actor e a pegada que deixaron algúns dos seus personaxes máis queridos pola audiencia como Petróleo ou o carteiro de Luar. Pero esta noite Luís Zahera vén disposto non só a falar de toda a súa traxectoria, dos seus novos proxectos, dos seu inicios senón que tamén está disposto a descubrirlles aos espectadores da Televisión de Galicia aspectos da súa vida máis persoal.

Luís Zahera, ademais de contar cousiñas da súa vida, será sorprendido pola nosa bolseira Branca, desprazada ata un recunchiño moi especial para o convidado, e Sandra, peiteadora do programa, que lle proporá a David e Luis un xogo no que suarán a camiseta.

O programa completarase coa actuación musical de Adhara & Ritman, unha voz inesquecible que acode ao noso programa desde a Costa da Morte para presentarse ante o público galego; Miss Tamallancos faralle videncia de novo a algúen coas súas famosas patacas de Xinzo… En definitiva, unha noite máis para non esquecer e brillar coma nunca en “Con Amor e Compañia”.

A REVISTA

A Festa de San Paio da Estrada organiza un partido benéfico co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro, AECC. O programa “A Revista” asistirá en directo a este evento en que se enfrontarán políticos e empresarios, que serán arbitrados por caras coñecidas como o actor Manuel Manquiña, o mítico Cañita Brava e o colaborador do programa “Bamboleo” da Televisión de Galicia, Claudio Pan.

Por outro lado, os reporteiros do espazo matinal asistirán na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ao Foro INEO, onde se abordarán aspectos relacionados coas novas tecnoloxías. Neste encontro falarase do internet das cousas, do 5G e haberá demostracións de drons e as denominadas Batallas de Emprendedores, que enfrontará empresarios do sector que terán que defender os seus proxectos sobre un ring de boxeo.

Ademais, no estudio de gravación estarán Eduardo Fernández Abel e Ricardo Vilariño Rodríguez, membros da Asociación Cohors III Lucensium e Mercenarios Galaicos, respectivamente. Coincidindo coa celebración do Arde Lucus en Lugo, que terá lugar a semana que vén, os convidados falarán desta cita lucense que revive o pasado romano e castrexo e que xurdiu para conmemorar a fundación da cidade. O presentador do programa, Sevi Martínez, tamén conversará co doutor e colaborador habitual do espazo matinal, Ignacio Balboa

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O programa “ZigZag Diario” contará hoxe coa presenza no estudio de gravación de Paula Carballeira para falar do seu libro “Bruxa e familia”, que publica Oquelo, novo selo da editorial Santillana dedicado á literatura infantil e xuvenil en galego. As pequenas grandes cousas, en que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comrpender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.

O espazo da tvG2 tamén falará este luns de “Charamuscas”, o terceiro libro de relatos de Suso Lista. Como os dous anteriores, “Xeixos” e “Salseiros”, conta historias da Costa da Morte que se moven entre a fantasía e a máis dura realidade, sempre con humor.

A última protagonista do día será a escritora Elena Gallego Abad, que constrúe en “O Xogo de Babel” unha tentativa de novela romántica, un xénero pouco visitado na literatura galega. Xerais publica este libro, máis complexo ca unha novela rosa, pero cheo de paixón e acontecementos.

MINUTADO do 26/06/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Roi Rodríguez, Carla Reyes e Julián Rodríguez.

10:40

A COCIÑA DE ANDRÉ “Empanada de pavo e mazá”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:10

O FARO Cap. 198

Serie. Erea descobre que as limitacións de Andrés afectan tamén á súa vida en parella e non dubida en preguntarlle polo tema. As mulleres do Faro seguen sen dar o brazo a torcer no tocante á autovía. Así que Carme e Erea planean unha estratexia para que as do Faro cambien definitivamente de opinión. Luís non só se converte nunha peza importante para os Samáns, como nexo de unión con Consuelo Rofríguez, senón que comeza a ser un confidente para Víctor. Aínda que Luís ten a facilidade de achegarse a todos, non consegue estreitar lazos coa súa sobriña Erea.

12:05

LUZ VERDE “Dispositivos de seguridade”

“Luz Verde” é unha serie documental de 15 capítulos, en que as cámaras dos medios públicos acompañarán axentes da Garda Civil no seu día a día
Hoxe, amosará a importancia dos dispositivos de seguridade dos vehículos. Entre os máis destacados están os sistemas de retención, tanto o cinto de seguridade coma o sistema de retención infantil onde deben ir os menores.

12:35

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:50

FONTEALBA Cap. 195

Serie. Marisa prepara unha carta de despido a Raúl. Os traballadores piden unha reunión de emerxencia. Carmela non ten claro se vai ser tan boa idea a presentación en sociedade como parella de Andrés.

16:40

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:40

BOTARSE AO MONTE

Serie de programas onde se intentan amosar todos os segredos dunha práctica deportiva que está a ter moita aceptación: o sendeirismo. Neste programa amosaranse interesantes rutas para praticalo e daranse consellos ao respecto.
Dende Camelle e Camariñas,Touriñán descubrirá os segredos da Costa da Morte: os naufraxios, a historia do Man de Camelle, a historia do faro do Cabo Vilano… Falará tamén con Rodrigo,un rapaz que se dedica a coleccionar todo aquilo que o mar devolve á praia.

18:00

PADRE CASARES Cap. 203: “Caído do ceo”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
Nesta ocasión, a vila semella ter un punto negro de tráfico na súa rede de estradas. Os últimos en accidentarse foron unha banda de ladróns, que xa é mala sorte. Miñato, encargado de limpar o escenario dos feitos, coincidirá alí con Perfecto, que aproveitará a ocasión para darse o pertinente porrazo, aínda que en bicicleta, que non é tan daniño pero si igualmente doloroso. Socorrido polo chapuzas de Louredo, ambos os dous atoparanse con algo inesperado: unha bolsa chea de cartos, que resulta ser o botín perdido dos delincuentes. Sen ninguén que reclame o tesouro, agora só queda decidir que facer con el. E, mentres o deciden, son conscientes de que a súa única oportunidade é conseguir que o seu achado quede en segredo, cousa imposible en Louredo. Axiña a noticia correrá como a pólvora e serán moitos os voluntarios para quedar cunha parte do botín.

19:05

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

ERA VISTO!

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.
Esta noite, Moncho convértese en executivo e a súa vida cambiará para sempre. Ademais, Milucho comeza a interesarse por Jéssica, a mellor amiga de Kevin, e unha cegoña fai un niño no tellado de Puskas.

22:35

CASA MANOLA Cap. 22: “Entre a vida e a morte”

Comedia costumista e familiar que narra as vivencias dun matrimonio que, despois de quedar sen traballo na cidade, ten que volver á casa da nai del, reformada cunha subvención pública para un negocio de turismo rural que nunca chegou a funcionar.
“Casa Manola” recibe hoxe a visita de Feáns e Boisaca, dous membros da Real Academia Galega, interpretados polos actores Marcos Viéitez e Josito Porto, que van elixir o escritor que vai ser homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas. Non obstante, os escritores agochan un escuro propósito.

23:45

CON AMOR E COMPAÑÍA

Late night presentado por David Amor.
Hoxe no estudio do programa brillará o actor galego Luís Zahera. De todos é coñecida a traxectoria deste actor e a pegada que deixaron algúns dos seus personaxes máis queridos pola audiencia como Petróleo ou o carteiro de Luar. Pero esta noite Luís Zahera vén disposto non só a falar de toda a súa traxectoria, dos seus novos proxectos, dos seu inicios senón que tamén está disposto a descubrirlles aos espectadores da Televisión de Galicia aspectos da súa vida máis persoal.

00:55

AS LUCES “Moncho Fernández e Susana Reboreda”

As Luces”, un programa divulgativo en que toman a palabra persoas relevantes da sociedade galega. Dirixido e presentado por Xosé Carlos Caneiro.

01:45

TELEXORNAL NOITE

01:55

TI VERÁS (Rep.)

02:45

ERA VISTO! (Rep.)

03:15

CASA MANOLA (Rep.)

04:20

POLO CAMIÑO DA FE (Rep.)

04:40

MAR DE FONDO

04:40

NOITE DE JAZZ

05:40

A REVISTA (Rep.)

06:45

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar