Audiencia record na TVG

 

A Televisión de Galicia conseguiu este xoves bater marcas nos datos de audiencia tanto en información como no entretemento. O Galicia Noticias Mediodía acadou unha audiencia do 36,5%, seguido do Telexornal Mediodía, cun 34,5%.

Ademais, o “Land Rober Tunai Show” acadou o seu novo máximo histórico de audiencia ao chegar a unha media de 331.000 telespectadores e a unha cota media do 33,8%. O espazo presentado por Roberto Vilar despediu a temporada cun convidado moi esperado, o cantante Julio Iglesias, que conquistou o público declarando o amor que sente por Galicia. A audiencia total do programa foi de 634.000 persoas o 24,1% dos galegos e galegas de 4 e máis anos.

 

O programa acadou o minuto de ouro en Galicia, ás 23.53 h., no que concentrou 416.000 telespectadores, cunha cota de pantalla do 41%. Tamén houbo récord nas redes, xa que o cancelo #LandRoberJulioIglesias conseguiu ser “tendencia” no Twitter durante todo o programa. Nada máis comezar o espazo, xa escalaban ata o terceiro posto en tendencias en España e non se moveron do ‘Top 3’ durante toda a emisión. Os espectadores realizaron máis de 8.000 chíos, unha cifra de récord para o “Land Rober Tunai Show”.

No conxunto do día, a TVG acadou onte unha cota de pantalla do 17,2%, e do 23,3% no prime time. Contou cun total de 1.016.000 telespectadores, o 38,6% da poboación e tamén foi a referencia entre as canles autonómicas no conxunto do día.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar