En marcha o Museo da Emigración, que se ubicará no Pazo de Vilamarín

O historiador e avogado Manoel Carrete vén e tomar posesión como asesor de Emigración da Deputación de Ourense, unha área que o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, quere potenciar “para seguir poñendo aínda máis en valor a importancia histórica, económica e social que tiveron en teñen no mundo os emigrantes ourensáns, que tanto contribuíron ao desenvolvemento da nosa provincia”, afirma Baltar, quen celebrou co Manoel Carrete a súa primeira reunión no Pazo Provincial trala súa toma de posesión.

Un dos primeiros proxectos nos que traballará Carrete será o Museo Galego da Emigración, que se ubicará na Pazo de Vilamarín, un espazo que amosará o que foi a historia da nosa emigración, con obxectos, relatos e recordos, “e que amosará tamén os moitos éxitos que os nosos emigrantes conseguiron ao longo das súas vidas, que foron moitos e que tamén deben ser coñecidos. Un museo interactivo innovador, de lembranza e aprendizaxe”, explica Manuel Baltar.

Manoel Carrete, licenciado en Historia e en Dereito, foi presidente do Centro Galego de Barcelona e vicepresidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña e da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet. Entre as súas publicacións figuran os libros sobre a emigración: Máis que nós, ninguén. 1892-2007 (2007), Centro Galego de Barcelona dende 1892(2012), Os nosos devanceiros (2015) e Centro Galego de Barcelona. Conciencia de Galicia (2016).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar