A Deputación de Ourense aproba o Plan para a Mocidade

 

 

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria correspondente ao mes de xuño, celebrada no Pazo Provincial, o programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade para o ano 2017, un programa que ten por obxecto contribuír ao financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia en prol da mocidade ao longo deste ano. Así, poderán ser beneficiados del os concellos de menos de 20.000 habitantes que desenvolvan actividades con este fin, sempre que foran autorizadas a partir do 1 de xaneiro de 2017. Cada concello poderá acadar unha axuda cunha contía máxima de 6.000 euros, sendo a dispoñibilidade orzamentaria total destinada para este programa de 546.000 euros.

 

Asemade, a corporación provincial aprobou poñer en marcha unha liña de colaboración entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para facilitarlles os estudos e informes técnicos precisos na elaboración dos seus respectivos inventarios de bens inmobles, calquera que sexa a súa natureza ou forma de adquisición, e tamén aprobou abrir unha liña de cooperación co goberno autonómico en materia de prevención de incendios coa elaboración dun estudo urxente para a preparación de franxas de biomasa como medida de protección contra incendios forestais nos núcleos de poboación dos concellos.

 

O pleno aprobou tamén instar aos organismos de conca con competencias na provincia de Ourense (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Confederación do Douro), así como á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a que realicen con carácter de urxencia estudos da situación actual da seca na provincia de Ourense e que informen puntualmente á Deputación de Ourense sobre as análises que da situación realicen nas reunión das súas respectivas oficinas técnicas da seca, encargadas do seguimento do estado de ríos e encoros. Ademais, a Deputación de Ourense levará a cabo un seguimento polo miúdo da evolución da seca, estudando a adopción de medidas concretas nos casos máis graves que podan xurdir nos concellos da provincia.

 

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

 

DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PETÍN EN MATERIA DE RECADACIÓN EXECUTIVA

 

Acordo:

 

Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Petín ten atribuídas en materia de recadación executiva dos seguintes ingresos de dereito público:

Imposto de bens inmobles (IBI).

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

Imposto sobre actividades económicas (IAE).

Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU)

Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

Taxa polo abastecemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga. Gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Todo isto ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito Concello do día 24 de maio de 2017. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

 

EXPEDIENTE N.º3/2017 DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO

 

Acordo:

 

1º.- Na bases de execución do orzamento da Deputación Provincial de Ourense procede concretar determinadas aplicacións orzamentarias do capítulo IV de gastos, xa dotadas de crédito no orzamento do exercicio 2017. Estas aplicacións orzamentarias son as seguintes:

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.10 Actividades deportivas. Fomento do deporte

 

Beneficiario Finalidade Importe
Escudería Barbadás club deportivo Rally mix Barbadás (2014/2015) 12.000,00 €
Federación galega balonmán Escolas deportivas 3.000,00 €
Federación galega de Judo Escolas deportivas 9.000,00 €
Asociacións de Clubs Xadrez Ourense Escola deportiva 8.000,00 €
Federación galega de fútbol Escola deportiva 5.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.08 Copas Deputación. Fomento do deporte

 

Beneficiario Finalidade Importe
Federación galega de fútbol Copa Diputación de Ourense 42.500,00 €

 

 

2º.- Aprobar as modificacións cualitativas por cambio de beneficiarios ou de finalidade de subvencións xa aprobadas, experimentando as seguintes variacións:

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/462.00 “A Concellos. Actividades culturais e recreativas”, prevíase unha subvención ao Concello de Trasmiras para asociación musical Trasmiras por importe de 23.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 10/04/2017, proponse o cambio de finalidade de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2017 no que respecta á finalidade da mesma:

 

– 334.20/462.00. A Concellos. Actividades culturais e recreativas:

 

Beneficiario Finalidade Importe
 

Concello de Trasmiras

Actividades culturais a realizar no Entroido, letras galegas, San Xoán, Festas patronais e diversos talleres e actividades  

23.000,00 €

 

 

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 414.11/489.19 “A entidades sen fins de lucro. Medio rural”, prevíase unha subvención a Adercou para redacción plan estratéxico por importe de 10.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo este en data 06/06/2017, proponse o cambio de finalidade de dita subvención contemplada na modificación 2/2017, debido á necesidade de incluír outros gastos:

– 414.11/489.19 “A entidades sen fins de lucro. Medio rural”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Adercou Redacción e posta en marcha do Leader 2014/2020 10.000,00 €

 

 

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 433.00/489.01 “Outras transferencias. Desenrolo empresarial”, prevíase unha subvención á Fundación galega da construción para o desenvolvemento dunha base de datos xeoreferenciada do parque de vivendas da provincia de Ourense por importe de 60.000,00 euros. En base ao escrito remitido por este en data 18/05/2017, proponse o cambio de beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 2/2017, quedando da seguinte maneira:

433.00/489.01 “Outras transferencias. Desenrolo empresarial”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Asociación provincial de empresarios de la construción de Ourense Desenvolvemento dunha base de datos xeoreferenciada do parque de vivendas da provincia de Ourense  

60.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Celanova para a rehabilitación do teleclub de Acevedo do Río por importe de 8.956,90 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 26/05/2017,  proponse o cambio de beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2017, quedando da seguinte maneira:

336.11/789.01 “Diocese de Ourense. Produción e xestión patrimonio histórico-artístico”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Diocese de Ourense Rehabilitación do teleclub de Acevedo do Río  8.956,90 €

 

Procede aprobar a modificación por baixa por anulación na aplicación orzamentaria 450.12/762.01 así como un suplemento de crédito na aplicación 336.11/789.01 “Diocese de Ourense. Produción e xestión patrimonio histórico- artístico:”  por importe de 8.956,90 euros. Dito suplemento de crédito será financiado mediante a baixa por anulación á que se fai referencia.

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Lobios para proxecto transfronterizo por importe de 30.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 13/06/2017,  proponse o cambio de finalidade de dita subvención prevista na modificación 1/2016, quedando da seguinte maneira:

450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
 

Concello de Lobios

Rematar o acondicionamento do Foxo do Lobo de Guende e 1ª fase do acondicionamento do xardín na área recreativa de Grou  

30.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Gomesende para obras municipais executadas por importe de 76.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 16/06/2017,  proponse o cambio de finalidade de dita subvención prevista na modificación 2/2017, quedando da seguinte maneira:

450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Gomesende Obra de mellora de infraestructuras e servizos municipais  

76.000,00 €

 

Nas bases de execución do orzamento do exercicio 2017, existe consignada unha subvención nominativa ao Concello de San Xoán de Río para acceso a aula de natureza por importe de 15.000,00 euros. Segundo escrito do 10 de abril de 2017 emitido por dito Concello proponse o cambio de finalidade de dita subvención, quedando da seguinte maneira:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de San Xoán de Río Beirarrúas en rúa O Campo 15.000,00 €

 

Nas bases de execución do orzamento do exercicio 2017, existe consignada unha subvención nominativa ao Concello de A Veiga para saneamento tanatorio por importe de 55.000,00 euros. Segundo escrito de data 27/04/2017 emitido por dito Concello proponse o cambio de finalidade de dita subvención, quedando da seguinte maneira:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello da Veiga Saneamento e abastecemento en varios núcleos de A Veiga 55.000,00 €

 

Nas bases de execución do orzamento do exercicio 2016, consignouse unha subvención nominativa ao Concello de O Bolo para 4ª fase de obras de abastecemento e saneamento en Teixido por importe de 40.000,00 euros, que foi incorporada ao exercicio 2017. Segundo escrito de data 19/05/2017 emitido por dito Concello proponse o cambio de finalidade de dita subvención, quedando da seguinte maneira:

 

Beneficiario Finalidade Importe
 

Concello de O Bolo

– 4ª fase de obras de abastecemento e saneamento en Teixido

– Obras de rehabilitación  da antiga escola de Chao das Donas para local social

10.284,72 €

 

29.715,28 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial” prevíase unha subvención ao Concello de Montederramo para arranxo velorios en Vilariño Frío e Chas por importe de 20.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 11/04/2017, proponse o desglose de dita subvención cambiando o beneficiario de cada unha delas debido á existencia dun erro na modificación 1/2017, quedando da seguinte maneira:

 

924.12/789.00 “Participación veciñal. Outras transferencias de capital a asociacións”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Asociación de veciños A Ponte Arranxo velorio de Vilariño Frío  10.000,00 €

 

336.11/789.01 “Diocese de Ourense. Produción e xestión patrimonio histórico-artístico”:

Beneficiario Finalidade Importe
Diocese de Ourense Arranxo velorio de Chas  10.000,00 €

 

Procede aprobar a modificación por baixa por anulación na aplicación orzamentaria 450.12/762.01 así como un suplemento de crédito nas aplicacións 924.12//789.00 “Participación veciñal. Outras transferencias de capital a asociacións” e “336.11/789.01 “Diocese de Ourense. Produción e xestión patrimonio histórico- artístico:”  por importe de 10.000,00 euros cada unha delas. Dito crédito suplemento será financiado mediante a baixa por anulación á que se fai referencia.

 

3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS EN MATERIA DE MOCIDADE PARA O EXERCICIO 2017

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos concellos en materia de mocidade para o exercicio 2017.

 

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade para o exercicio 2017.

A finalidade deste Programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia en prol da mocidade ó longo do exercicio 2017.

 

Beneficiarios:

 

1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2017.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2017.

 

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas.

 

Para as subvencións incluídas na presente convocatoria existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2017, por importe global máximo de 546.000,00 €, na aplicación 46200/34111.

 

As solicitudes, subscritas polo alcalde interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial, e poderán presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, que mantén a súa operatividade ao abeiro do establecido na Disposición Final 7ª da devandita Lei 39/2015.

 

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

 

As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas polo concello ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención.

 

Cada concello adherido disporá dunha axuda por importe de 6.000 €. Esta subvención entenderase concedida, a tódolos efectos, polo mero acto de aprobación da adhesión.

Non obstante o anterior, a achega minorarase na contía que corresponda nos seguintes supostos:

– Se o gasto efectivo das actividades subvencionadas fose inferior á dita cantidade.

– Se as achegas doutras administracións públicas que financian as actuacións exceden, en conxunto coa concedida pola Deputación, do 100% do custo das actividades subvencionadas.

A redución da contía das subvencións declarase na resolución da peza separada de xustificación da subvención.

Os remanentes que se produzan como consecuencia da aplicación das regras anteriores reintegraranse ás arcas provinciais, sen aumentar as achegas para percibir polos concellos beneficiarios.

 

2º.- Someter a trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, as bases inicialmente aprobadas polo prazo de 10 días hábiles, durante os cales os concellos interesados poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente no acto de aprobación definitiva.

 

No caso de non formularse alegacións en prazo, entenderase automaticamente aprobado de forma definitiva, procedendo á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

 

MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS (GES) PARA INCLUSIÓN DA ADDENDA APROBADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO CONVENIO O 1 DE FEBREIRO DE 2017

 

Acordo:

 

1º.- Prestar conformidade á proposta de formalización dunha addenda ó Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) aprobada pola Comisión de Seguimento do dito Convenio o 1 de febreiro de 2017.

 

2º.- Facultar á Presidencia da Deputación Provincial de Ourense para a formalización e subscrición da dita addenda.

 

MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS (GES) SOBRE RÉXIME DE PAGO DAS SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PREVISTAS NO DITO CONVENIO

 

Acordo:

1º.-      Aprobar a seguinte modificación da addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos GES:

A) Na cláusula oitava, apartado quinto, suprímese a frase “estas cantidades serán aboadas á FEGAMP”.

B) A cláusula décima, apartado B, quedará redactada do seguinte modo:

 

Financiamento: as deputacións provinciais colaborarán no financiamento cunha achega que se ingresará directamente aos concellos beneficiarios, nos termos seguintes:

O 50% de cada anualidade, no primeiro trimestre de cada exercicio.

Un 25% de cada anualidade, no mes de setembro de cada exercicio.

O 25% restante aboarase no mes seguinte ao da presentación de modo completo e correcto da seguinte documentación xustificativa da subvención:

* Certificado expedido polo secretario-interventor ou interventor do concello, na que se faga constar o gasto recoñecido de funcionamento do servizo subvencionado, así como o cumprimento do establecido no presente convenio na prestación do dito servizo.

Na dita certificación incluirase tamén a declaración das axudas solicitadas ou concedidas para esta finalidade.

A dita documentación xustificativa deberá presentarse ante a Deputación Provincial ata o 20 de xaneiro do exercicio seguinte ao que se refire.

En caso de non presentarse a dita xustificación, así como nos supostos en que esta teña carácter defectuoso, a Deputación Provincial procederá á tramitación do correspondente expediente de reintegro e/ou declaración de perda do dereito á subvención.

Sen prexuízo do anterior, os concellos beneficiarios quedan suxeitos ao control financeiro das deputacións, asumindo as obrigacións previstas no Título III da Lei xeral de subvencións.

 

C) Na cláusula décima, apartado C, no primeiro parágrafo, suprímese o inciso “e das deputacións”.

D) Na cláusula décima, apartado C, no parágrafo oitavo, suprímese a palabra “deputacións”.

 

2º.- Dar traslado deste acordo á Xunta de Galicia, á Federación Galega de Municipios e Provincias e ó resto das deputacións provinciais propóndolles a aprobación da dita modificación.

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E O CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS PARA A XESTIÓN E CONTRATACIÓN DELEGADA DO SERVIZO DE EXPLOTACIÓN E MANTEMENTO DA EDAR DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

 

Acordo:

 

1º) Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de San Cibrao das Viñas para a xestión e contratación delegada do exercicio do servizo de explotación e mantemento da EDAR de San Cibrao das Viñas.

 

Constitúe o obxecto do presente convenio o establecemento do marco regulador da delegación na Deputación Provincial de Ourense do exercicio das competencias do Concello de San Cibrao das Viñas para a xestión e contratación do servizo de depuración de augas residuais prestado a través da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas, como fórmula de cooperación da Deputación co concello para garantir a calidade na prestación deste servizo.

 

2º) Ordenar a publicación de este acordo no Boletín Oficial da Provincia, para xeral coñecemento

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E OS CONCELLOS DE CENLLE, PUNXÍN E SAN AMARO PARA A CONTRATACIÓN DELEGADA DUN SEGURO DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL E MULTIRISCOS DAS INSTALACIÓNS DE ABASTECEMENTO EN ALTA RAZAMONDE-SAN TROCADO

 

Acordo:

 

1º) Aprobar o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a contratación delegada dos seguros correspondentes ás instalacións de abastecemento en alta “Razamonde – San Trocado”.

 

Constitúe o obxecto do presente convenio o establecemento do marco regulador da delegación na Deputación Provincial de Ourense do exercicio das competencias dos concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a contratación dos seguros de responsabilidade patrimonial fronte a terceiros e de riscos por danos propios das instalacións de abastecemento en alta “Razamonde – San Trocado”.

 

O presente convenio ten carácter complementario do convenio de cooperación subscrito entre as partes para a contratación delegada dos servizos de explotación e mantemento e subministración de enerxía eléctrica desta instalación, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 13 de xuño de 2017. En todo o non previsto especificamente neste convenio complementario, aplicaranse as cláusulas xerais do convenio principal.

 

2º) Ordenar a publicación de este acordo no Boletín Oficial da Provincia, para xeral coñecemento, unha vez que o convenio sexa aprobado por tódalas partes.

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DE ESGOS, PARA O FINANCIAMENTO, EXECUCIÓN E ENTREGA, PARA O SEU MANTEMENTO E CONSERVACIÓN, DAS OBRAS DO PROXECTO DO PASEO FLUVIAL ENTRE TARREIRIGO E O NÚCLEO DE ESGOS, NO TERMO MUNICIPAL DE ESGOS

 

Acordo:

 

1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a CH do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello de Esgos para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto do paseo fluvial entre Tarreirigo e o núcleo de Esgos, TM de Esgos (Ourense).

 

ADMINISTRACIÓN 2017 2018 2019 TOTAL
CHMS 15.000,00 € 88.000,00 € 29.500,00 € 132.500,00 €
DIPUTACIÓN OURENSE 0,00 € 99.500,00 € 33.000,00 € 132.500,00 €
TOTAL 15.000,00 € 187.500,00 € 62.500,00 € 265.000,00 €

 

2º. Ao tratarse dun gasto plurianual, comprometerse ao cumprimento do réxime financeiro proposto, co compromiso de incluír no orzamento xeral desta Deputación para os exercicios de 2018 e 2019 a cantidade correspondente, para asumir as anualidades do gasto indicadas.

 

PROXECTO DE TRAZADO DO ACCESO AO NÚCLEO DE SAN VICENTE DE LEIRA DESDE A ESTRADA OU-0807

 

Acordo:

 

1º) Aprobar provisionalmente o proxecto de trazado do acceso ao núcleo de San Vicente de Leira dende a estrada OU – 0807, conforme ao documento entregado pola consultora G.O.C. o 2 de xuño de 2017.

 

2º) Someter a información pública o proxecto de trazado provisionalmente aprobado, por prazo de trinta días hábiles, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de edictos do concello de Vilamartín de Valdeorras e en dous medios de comunicación dos de maior difusión no municipio de Vilamartín de Valdeorras.

 

Durante o trámite de información pública, a documentación que integra o proxecto estará a disposición dos interesados nas oficinas do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial e na casa do concello de Vilamartín de Valdeorras. Ademais, publicarase na páxina web da Deputación un extracto accesible e comprensible para o público en xeral do dito proxecto.

As alegacións que poidan formular os interesados neste trámite, que serán resoltas polo Pleno, deberán versar sobre a concepción global do trazado das distintas alternativas analizadas.

 

3º) Remitir o proxecto de trazado a informe do Concello de Vilamartín, da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, simultaneamente ao trámite de información pública, e por prazo de trinta días hábiles. Se no dito prazo as administracións consultadas non emiten informe, entenderase que amosan a súa conformidade co trazado proposto.

 

MODIFICACIÓN DO ARTIGO 39 DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DA DEPUTACIÓN

 

Acordo:

 

Ratificar o acordo acadado na Mesa Xeral de Negociación entre a representación da Deputación Provincial e o Comité de Empresa, cuxo obxecto é modificar, ó abeiro do establecido no artigo 41 do Estatuto dos Traballadores, as condicións de traballo establecidas no vixente convenio colectivo do persoal laboral da Deputación de Ourense, do 9 de decembro de 2008, no seguinte sentido:

 

-O parágrafo 1 do artigo 39 queda redactado como segue: “os servizos prestados fóra da xornada laboral compensaranse preferentemente por tempo de descanso, salvo acordo das partes en contrario. O límite máximo será de 80 horas anuais. En todo caso a realización de servizos extraordinarios está supeditado a garantir os períodos mínimos de descanso”.

 

Facultar á Presidencia para a formalización da modificación do convenio co Comité de Empresa.

 

MODIFICACIÓN DO ARTIGO 39 DO ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO

 

Acordo:

 

Ratificar o acordo acadado na Mesa Xeral de Negociación entre a representación da Deputación Provincial e o sindicato CSIF, cuxo obxecto é modificar, ó abeiro do establecido no artigo 38.10 do EBEP, o vixente acordo regulador do persoal funcionario da Deputación Provincial de Ourense, do 9 de decembro de 2008, no seguinte sentido:

 

-O parágrafo 1 do artigo 39 queda redactado como segue: “os servizos prestados fóra da xornada laboral compensaranse preferentemente por tempo de descanso, salvo acordo das partes en contrario. O límite máximo será de 80 horas anuais. En todo caso a realización de servizos extraordinarios está supeditado a garantir os períodos mínimos de descanso.

 

Facultar á Presidencia para a formalización do correspondente acordo co sindicato CSIF.

 

PROXECTO DE MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE INCENDIOS CONSISTENTE NA ENGÁDEGA DO ANEXO DE INVESTIMENTOS

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar inicialmente a modificación do orzamento do Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento de Ourense, consistente na inclusión dun anexo de investimentos, no que se inclúe un plan plurianual de investimentos para a ampliación do servizo, co seguinte detalle:

 

Denominación: Plan plurianual de investimentos, para ampliación do servizo de extinción de incendios e intervención en emerxencias xestionado polo Consorcio 2017-2020.

 

Ano de inicio: 2017.

 

Ano de finalización previsto: 2020.

 

Importe total do Plan: prevé un investimento de 2.157.000 €, distribuídos en catro anualidades iguais de 539.425 €.

 

Sen prexuízo do anterior, a distribución das anualidades poderá reaxustarse polo Consorcio para adaptala ás posibilidades reais de execución do Plan.

 

Tipo de financiamento:

. O 80% do financiamento das obras cubrirase con cargo ás contribucións especiais que serán pagadas polas compañías aseguradoras que desenvolvan a súa actividade no ramo de incendios no ámbito territorial do Consorcio.

. O 20% restante financiarase con fondos propios do Consorcio.

 

. As contribucións especiais devindicaranse cando se execute o Plan. Sen prexuízo do anterior, o Consorcio poderá esixir por anticipado o pagamento das contribucións especiais en función do importe do custo previsto para cada anualidade.

 

Órgano encargado da xestión: a xestión do Plan corresponderalle ao Consorcio, conforme coa distribución de atribucións entre os seus órganos, establecidas nos seus estatutos e nas bases de execución do orzamento.

 

Actuacións incluídas no Plan: o Plan inclúe as actuacións consistentes en adquisición de vehículos, embarcacións e equipos (incluíndo a recarga de equipos de alta tensión) propostas pola xerencia do Consorcio en maio de 2017.

 

2º.-  De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

 

PROXECTO DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS (C.E. 2/2017) DO ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE INCENDIOS

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

CREDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62300 Equipos de excarceración en vehículos hibrídos-eléctricos 43.560,00
136/62300 Equipos para recarga de equipos de respiración automática 12.100,00
136/62300 Equipo achique alta capacidade 1.494,00
136/62400 Vehículo primeira saída BUL (Bomba Urbana lixeira) – tracción 4 x 4 65.000,00
136/62400 Vehículo primeira saída BUL (Bomba Urbana lixeira) – tracción delantera 53.200,00
136/62400 Vehículo nodriza BNP (Bomba nodriza pesada) 48.400,00
136/62400 Vehículos FSV (Furgones de servizos varios) 164.000,00
136/62400 Embarcacións semirixidas con equipo de rescate acuático 4.840,00
136/62600 Equipos de comunicación portátiles RED TETRA 6.000,00
136/62600 Equipos de comunicación móbiles RED TETRA 696,00
136/62600 Equipos de comunicación intracraneais RED TETRA 9.750,00
136/62700 Unidades de obra – recarga de equipos de alta tensión 14.500,00
136/62900 Equipos para intervencións en químicos 8.000,00
431.540,00

 

RECURSOS UTILIZADOS

 

Remanente de tesourería TOTAL para financiar gastos xerais 2.694.562,33 €
Remanente de tesourería xa empregado na MC1/2017 1.240.317,28 €
Remanente tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais MC2/2017 431.540,00 €

 

Con cargo a aplicación orzamentaria 136/62300 . Inversión nova asociada ao funcionamento operativo dos servizos. Maquinaria, Instalacións técnicas e utillaxe.

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62300 Equipos de excarceración en vehículos hibrídos-eléctricos 43.560,00
136/62300 Equipos para recarga de equipos de respiración automática 12.100,00
136/62300 Equipo achique alta capacidade 1.494,00
TOTAL aplicación orzamentaria 57.154,00

 

Con cargo a aplicación orzamentaria 136/62400 . Inversión nova asociada ao funcionamento operativo dos servizos. Elementos de transporte.

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62400 Vehículo primeira saída BUL (Bomba Urbana lixeira) – tracción 4 x 4 65.000,00
136/62400 Vehículo primeira saída BUL (Bomba Urbana lixeira) – tracción delantera 53.200,00
136/62400 Vehículo nodriza BNP (Bomba nodriza pesada) 48.400,00
136/62400 Vehículos FSV (Furgones de servizos varios) 164.000,00
136/62400 Embarcacións semirixidas con equipo de rescate acuático 4.840,00
TOTAL aplicación orzamentaria 335.440,00

 

Con cargo a aplicación orzamentaria 136/62600 . Inversión nova asociada ao funcionamento operativo dos servizos. Equipos para procesos de información.

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62600 Equipos de comunicación portátiles RED TETRA 6.000,00
136/62600 Equipos de comunicación móbiles RED TETRA 696,00
136/62600 Equipos de comunicación intracraneais RED TETRA 9.750,00
TOTAL aplicación orzamentaria 16.446,00

 

Con cargo a aplicación orzamentaria 136/62700 . Inversión nova asociada ao funcionamento operativo dos servizos. Proxectos complexos.

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62700 Unidades de obra – recarga de equipos de alta tensión 14.500,00
TOTAL aplicación orzamentaria 14.500,00

 

Con cargo a aplicación orzamentaria 136/62900 . Inversión nova asociada ao funcionamento operativo dos servizos. Outras inversións novas asociadas ao funcionamento operativo dos servizos.

 

APLICACION EXPRESION IMPORTE €
136/62900 Equipos para intervencións en químicos 8.000,00
TOTAL aplicación orzamentaria 8.000,00

 

2º.- De acordo co artigo169 da Lei  reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS

 

Acordo:

 

1º. Instar ao Goberno Galego a:

  1. a)Incrementar a dotación do Plan marco de camiños rurais cos concellos.
  2. b)Dotar dito Plan dun orzamento plurianual, que asegure investimentos de xeito sostido e progresivo en colaboración cos concellos.

2º. Trasladar este acordo ao Presidente do Goberno Galego.

 

APOIO AOS CONCELLOS PARA A ELABORACIÓN DO INVENTARIO DE BENS INMOBLES QUE INTEGRAN O PATRIMONIO MUNICIPAL

 

Acordo:

 

Poñer en marcha unha liña de colaboración entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para facilitarlles os estudos e informes técnicos precisos na elaboración dos seus respectivos inventarios de bens inmobles, calquera que sexa a súa natureza ou forma de adquisición.

 

ELABORACIÓN DUN ESTUDO URXENTE PARA A PREPARACIÓN DE FRANXAS DE BIOMASA COMO MEDIDA PROTECTORA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS NOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN DOS CONCELLOS

 

Acordo:

 

Abrir unha liña de cooperación co goberno autonómico en materia de prevención de incendios  coa elaboración dun estudo urxente para a preparación de franxas de biomasa como medida de protección contra incendios forestais nos núcleos de poboación dos concellos.

 

SECA NA PROVINCIA DE OURENSE

 

Acordo:

 

  1. 1.Instar aos organismos de conca con competencias na provincia de Ourense (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Confederación do Douro), así como á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a que realicen con carácter de urxencia estudos da situación actual da seca na provincia de Ourense.
  2. 2.Instar a ámbalas dúas confederacións, así como á Consellería, a que informen puntualmente á Deputación de Ourense sobre as análises que da situación realicen nas reunión das súas respectivas oficinas técnicas da seca, encargadas do seguimento do estado de ríos e encoros.
  3. 3.A Deputación de Ourense levará a cabo un seguimento polo miúdo da evolución da seca, estudando a adopción de medidas concretas nos casos máis graves que podan xurdir nos concellos da provincia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar