Ourense amosa o seu potencial turístico en Vila Real

Unha ampla representación das cidades galegas e portuguesas integradas no Eixo Atlántico, entre elas Ourense, amosarán o seu potencial turístico de proximidade na cuarta edición da Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, que se realizará en Vila Real de 15 a 17 de xuño.

25 stands ocuparán unha feira que mostrará as posibilidades turísticas das cidades participantes, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas turísticas para o visitante.

Expocidades, escaparate do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico, chega este ano á súa cuarta edición, despois de pasar por Lugo, Pontevedra e Viana do Castelo. A exposición terá lugar en pleno centro da cidade, na Alameda de Grasse en Vila Real. Paralelamente ao desenvolvemento da feira terán lugar outras actividades como degustações de produtos típicos das cidades (doces, pan, viños, conservas) actuacións musicais, entre outras. A entrada é gratuíta.

Ademais haberá un stand para degustacións de distintos municipios e o Eixo Atlántico terá o seu propio expositor.

Creada hai 25 anos, a entidade transfronteiriza é unha das principais referencias do que acontece na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, que agrupa as 37 principais cidades e entidades da Galiza e do Norte de Portugal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar