O goberno municipal de Ourense valora dous anos de xestión

El que sigue es el texto oficial difundido por el equipo de gobierno cuando se cumple la mitad de la legislatura.
– Que o equipo de Goberno Municipal liderado por Jesús Vázquez ten realizado un traballo exemplar, pese ás dificultades de facelo en minoría e diante dunha oposición que prefiere instalarse na irresponsabilidade e no ánimo destructivo. Os veciños percíbeno perfectamente e saben, valoran e aprecian onde está o traballo real e onde están os “paripés” destinados a acadar réditos políticos en detrimento da propia cidade e dos seus intereses xerais. A cidadanía ourensá está cansa do circo orquestado por determinados persoaxes e así o demostrarán dentro de dous anos.
– Que o Grupo Municipal do PP de Ourense agradécelle á cidadanía de Ourense o seu apoio e a súa confianza. E agradécelle especialmente a súa paciencia, pois hay determinadas cuestións que todos desexaríamos ver realizadas de xeito máis rápido a pesar dos prazos e trámites administrativos.
– Que fronte que quenes se adican a vociferar a falta de proxectos para Ourense, o equipo de Goberno liderado por Jesús Vázquez captou máis de 45 millóns de euros en proxectos, investimentos e convenios públicos e privados para a cidade. E eses investimentos son palpables e visibles: Centro Interxeracional da Fundación Amancio Ortega, Albergue de Peregrinos, reformas e melloras en todos os colexios da cidade, construcción do Campus Auga, reforma e mellora das pontes Romana e do Milenio, nova pista cuberta de atletismo, Centro de Atención a Persoas con Discapacidade maiores de 21 anos para o que se acadou consenso coas familias e os terreos precisos para poñelos á disposición da Xunta, reforma do parque de Covadonga…. E un sinfín de obras e achegas máis que fan que a cidade recobre pouco a pouco o pulso perdido nos últimos anos.
– Que a irresponsabilidade de certos grupos “políticos” chega ao punto de que estarian máis cómodos se un proxecto da envergadura da Estación Intermodal estivese en risco ou totalmente desbotado. E esa é a clave que deberían explicarlle á sociedade ourensá: Que digan claramente que prefiren que Ourense se quede sen estación intermodal de Norman Foster. De aí que se adiquen a berrar incongruencias como a solicitude de que o alcalde dimita por ter activado e impulsado de xeito firme este proxecto. Como algúns grupos non teñen nada que perder, solicitan cousas irrealizables e fóra de toda lóxica sabendo perfectamente que endexamais as acadarán

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar