Gayoso, Medalla Castelao 2017

Xosé Ramón Gayoso, Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017, segundo acaba de aprobar o Consello da Xunta. Os galardóns entréganse o vindeiro 28 de xuño.

Presentador dende o primeiro minuto de emisión desta casa, no ano 1985, Xosé Ramón Gayoso leva 25 anos conducindo o ‘Luar’. O anuncio da medalla sorprendeuno preparando o programa de mañá xunto ao seu equipo. A eles e aos 33 anos de Televisión de Galicia dedica este recoñecemento.

Outra Medalla Castelao será para a ousensá Cristina Pato, que fixo historia aos 18 anos ao ser a primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario. Vive en Nova York pero como mestra gaiteira, pianista clásica e educadora leva actuado nos grandes escenarios do mundo. Un dos últimos proxectos valeulle un Grammy.

Especialista en ideoloxías e nacionalismos, catedrático de Historia Comtemporánea, Justo Beramendi é outro dos galardoados. Está xubilado dende o 2012, pero segue escribindo e é membro fundador da Fundación Catelao e presidente do padroado do museo do Pobo Galego.

Completan a lista de premiados coa Medalla Castelao o Centro Oceanográfico de Vigo, que leva un século investigando os recursos mariños, e o Grupo Nove. Creado no 2003, está formado por 24 cociñeiros e 18 restaurantes galegos que suman oito estrelas Michelin.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar