Ourense:LIbro autobiográfico de José Balboa, “Uno de tantos”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar presentou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, o libro “Uno de tantos”, xunto ao seu autor, José Balboa, unha publicación autobiográfica que é “unha magnífica achega da experiencia vital do escritor durante a súa estancia fóra de España”, afirmou Manuel Baltar. O presidente do goberno provincial agradeceu a José Balboa “que nos faga partícipes deste relato de lembranza e sentimento, unha obra escrita co corazón, que transforma en palabras os seus pensamentos e na que reflexiona sobre as súas vivencias, que poden servirnos na nosa andaina vital”. Ademais, Baltar destacou o carácter altruísta do autor, posto que os fondos recadados coa venda desta obra irán destinados á tratamento de enfermidades.

Balboa fixo un repaso por acontecementos que marcaron a súa vida, recollidos na publicación, facendo fincapé na influencia que exerceu sobre el a súa dona, “quen me moldeou e ensinou dúas premisas fundamentais: o amor e o respecto. Leva comigo 60 anos e fai case doce anos que me deixou fisicamente. Ela é a musa de Uno de tantos e eu son ese un de tantos”. José Balboa resumiu que o motivo de escribir este libro é “tentar ser mellor persoa. Trátase dunha obra que divirte ao lector a través das anécdotas da infancia dun neno traveso que foi e continúa a ser, hoxe, aos seus 80 anos; un neno feliz”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar