Colecta contra o cancro en Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os concelleiros de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, sumáronse este xoves á campaña de colecta organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC), cuxa delegación en Lugo preside Luz Abella.

A entidade, que instalou esta mañá unha mesa na Praza Maior, diante da casa consistorial, contou coa colaboración de numerosas persoas para pedir con huchas axuda económica. A rexedora manifestou a súa satisfacción por colaborar con esta iniciativa, destinada a recabar fondos para a investigación, labor grazas á que a supervivencia a esta enfermidade aumentou nun 20% os últimos anos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar