Traxectoria creativa do autor

Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre elas Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002, ano do seu falecemento. Casares publicou tamén en xornais coma La Región (dende 1968), El País e La Voz de Galicia. A este último estivo ligado toda a súa vida, chegando a publicar en diferentes seccións. Así, entre o ano 1975 e 1992 escribiu “Ledicia de ler”, sección onde abordaba as novidades editoriais galegas, case con periodicidade semanal. Outra das súas publicacións foi “Á Marxe”, especie de anecdotario que, con periodicidade irregular durante os primeiros anos, foi diaria dende xuño de 1992 até o mesmo día da seu finamento.

Narrativa

Ensaio

Como biógrafo e ensaísta legou varios traballos sobre a vida e obra de Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Francisca Herrera Garrido, Fermín Bouza-Brey, Ramón Piñeiro, Juan de la Coba e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galiza e de Galiza na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999).

O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

  • Curros Enríquez (1980, Galaxia).
  • Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
  • Vicente Risco (1981, Galaxia).
  • Conversas con Ánxel Fole (1984, Galaxia) [28].
  • Francisca Herrera Garrido (1987, Real Academia Galega).
  • Ramón Otero Pedrayo (1988, Real Academia Galega).
  • Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (1991, Caixa Galicia. 2005, Galaxia).
  • Fermín Bouza Brey (1992, Real Academia Galega).
  • Na marxe de cada día: follas dun diario (1994, La Voz de Galicia).
  • A vida de Ánxel Fole (1996, Galaxia).
  • Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastronomía (1996).
  • Ramón Piñeiro (1996, Xunta de Galicia).
  • Ánxel Fole: escolma de textos (1997, Real Academia Galega).
  • Hemingway en Galicia (1999, Galaxia) [29].
  • Un país de palabras (1999, Galaxia).
  • Biografía de Don Juan de la Coba (2000, «Os minilibros de Galaxia») [30].
  • Olores e sabores do saber (2001, UVi), con fotografías de Xulio Gil. ISBN 84-8158-197-6 [31].
  • A vida do padre Sarmiento (2001, Galaxia) [32].
  • Conciencia de Galicia (2004, Galaxia) [33].
  • Á marxe, 1992. Obra xornalística I (2005, Galaxia) [28].
  • Á marxe, 1993. Obra xornalística II (2005, Galaxia).
  • Á marxe, 1994. Obra xornalística III (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1995. Obra xornalística IV (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1996. Obra xornalística V (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1997. Obra xornalística VI (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1998. Obra xornalística VII (2008, Galaxia).
  • Á marxe: palabra de escritor: 2 de xaneiro-10 de marzo de 2002 (2003, USC .

Literatura infantil

Albert Paris Gütersloh, Schiele, 1918, cuberta de O sol do verán.

Traducións

Amais de levar obra propia ao castelán, Casares traduciu ao galego outras de varios autores, entre elas:

  • O principiño (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry
  • Eu son un neno (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
  • Eu son un peixe (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
  • Eu son un paxaro (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
  • Bestiario fantástico (1983) do catalán Joan Manuel Gisbert, Ed. Argos Vergara. Col. Os libros da gata, nº 1. Barcelona. 1983.
  • Os escaravellos voan á tardiña (1989) da sueca Maria Gripe, SM.
  • O vello e o mar (1998) do norteamericano Ernest Hemingway, Ed. Galaxia.
  • Doménica (1999) e A bela Otero (2000), do galego Gonzalo Torrente Ballester, Espasa.

Obras colectivas

  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Os contos da campaña (2) (1992, Xunta de Galicia).
  • O mundo desde aquí (1993, IGADI).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Edicións Xerais de Galicia).
  • Abrir Vigo ó mar (1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo). Canda Álvarez Cáccamo, Garrido e Fernández del Riego..
  • Para ler a Vicente Risco (1997, Galaxia). Con Arturo Lezcano e Antón Risco. Prologado por Manuel Fraga.
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia: nai e señora, canda Basilio Losada e Xavier R. Baixeras (2002, ed. trilingüe, Nigran).
  • Narradio. 56 historias no ar, do programa Diario Cultural da RG, AAVV (2003, inclúe 4 cd,s., Xerais).

Premios

IES Carlos Casares de Vigo.

  • 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A galiña azul .
  • Gañador do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho en 1973, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas .
  • Premio Galaxia no 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.
  • Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.
  • Gañador do I Premio Ramón Otero Pedrayo no 1980, por Otero Pedrayo.
  • Premio Antón Losada Diéguez 1987 de creación literaria por Os mortos de aquel verán.
  • V Premio Ánxel Fole, no ano 1991, por Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia.

Recoñecementos

Cinco centros educativos públicos levan o seu nome, repartidos polas provincias de Pontevedra e Ourense:

  • IES Carlos Casares de Viana do Bolo
  • CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia
  • IES Carlos Casares de Vigo
  • CEIP Carlos Casares das Tomadas, A Ramallosa, Nigrán
  • CEP Carlos Casares de Grixó, Alxén, Salvaterra de Miño

Placa no parque de Carlos Casares da Coruña.

Así mesmo, un autocar do Castromil e varios xardíns, parques, rúas e prazas de Galiza levan o nome do escritor]:

  • Os Xardíns de Carlos Casares en Porqueira.
  • A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia.
  • A Praza Carlos Casares no barrio de Esteiro, Ferrol.
  • A Praza Carlos Casares de Santiago de Compostela.
  • A Praza de Carlos Casares de Nigrán.
  • As rúas Carlos Casares en Ribadavia, Carballo, Ribeira, Lalín, Cangas, Narón e Monforte de Lemos.
  • O Parque Carlos Casares do barrio de Monte Alto da Coruña .

© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto