“Banda Crebinsky” presenta hoxe o seu terceiro disco no “Luar” da TVG

Co eco de Eurovisión resoando aínda, “Luar” recibe a cantante Soraya, que representou a España no festival en 2009 e que fixo tamén as súas apostas sobre a polémica edición deste ano. A valenciana volve aos escenarios despois de ser nai co ritmo e a enerxía que a caracterizan.

O programa contará tamén coa actuación de Banda Crebinsky, que ofrecerán un adianto do seu terceiro disco “Zirfus Affe”, a piques de saír ao mercado. A formación, de son ecléctico e liderada polo músico e cineasta Enrique Otero, interpretará “Punto de partida” como mostra dun traballo con once temas nos que exploran en ritmos árabes e con letras en galego.

O grupo A Roda, que acaba de editar un álbum para celebrar os corenta anos da formación orixinal, visita tamén o programa, no cal a música e o baile tradicional terán coma sempre unha representación nutrida. Ao escenario subirán Fiadeiro, unha das mellores agrupacións de Galicia, e Tanxugueiras, un grupo de pandeireteiras de Teo e Ribeira que hai unhas semanas revolucionou as redes sociais cun vídeo gravado nos camerinos do festival escocés Celtic Connections.

A Internet é o escaparate das parodias musicais do dúo Páramo Pictures, do que forma parte Daniel Moreiras, cantante da orquestra Costa Dorada, que estará esta noite no programa. O elenco de artistas complétase co mariachi Chuchín Ibáñez, a Banda de Música de Rianxo e os Bombos de Viana do Castelo, ademais do trapecista Marcos Tajadura.

Os espectadores tamén poderán seguir a evolución dos concursos “Recantos”, no que actuarán Paula Varela, de Ourense Norte, e Antonio Barros, de Vigo; e “Vai de baile”, coas parellas Sondesote de Vigo e Albaroqueiros de Compostela. Un dos seguidores ou seguidoras do programa poderá rematar a noite cos 6.000 euros que se reparten na chamada teléfonica.

 

 

GALICIA ON

“Galicia On” achégase hoxe á industria da realidade virtual, amosando aos espectadores dúas empresas que destacan polo seu perfil innovador. A comunicación visual, que serviu para desenvolver sectores empresariais como os da publicidade, o xornalismo, a televisión, ou Internet, está a dar paso a empresas que tratan de tomar o liderado utilizando imaxes interactivas de gran realismo.
Un exemplo desta evolución do sector é Ilux, unha compañía que se encarga de xestionar os datos que continuamente se publican nas redes sociais: vídeos, fotos, comentarios, e integralos con solucións vinculadas á visualización 3D para que poidan ser usados en campos tan diversos como a arquitectura, o impacto ambiental, o turismo ou a recreación virtual. O equipo do programa tamén visitará o centro tecnolóxico CIS GALICIA, situado en Ferrol, que ten a misión de aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.

 

A REVISTA

Máis de 300 profesionais da traumatoloxía do deporte danse cita hoxe no Congreso Bienal SETRADE, organizado pola Sociedade Española de Traumatología do Deporte en Pontevedra. Os reporteiros de “A Revista” estarán alí para coñecer os principais avances e as novas técnicas no tratamento, a prevención e a rehabilitación das lesións deportivas. Ademais, un equipo do programa visitará en Tioira, no concello de Maceda en Ourense, o museo-obradoiro da Olería do Batán. Este espazo, que lembra o último artesán do Batán, Manuel Carrera, funcionará como lugar de promoción da cerámica típica da zona.

No estudio, Laura Peña conversará co cantante ourensán Carlos Iglesias, coñecido como Marango. O dj, produtor e compositor visita o programa para presentar o seu novo disco “El error”.

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

“ZigZag Diario” a profundar na figura do escritor Carlos Casares, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. No estudio de gravación estará o músico Isaac Garabatos, do grupo Xardín Desordenado, que visita o programa para presentar o disco “Casares”, un homenaxe ao autor ourensán. Ademais, o espazo incluirá unha reportaxe sobre a presenza do escritor na escola, desde as montaxes “A galiña azul” e “As laranxas máis laranxas”.

Por outra banda, o programa cultural dará eco a unha obra teatral estreada en Madrid que lembra ao poeta Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2011. A montaxe, realizada a partir dos textos do libro “Conversa Ultramarina”, céntrase na relación entre o escritor e a xornalista Piedad Cabo.

 

 

MINUTADO do 19/05/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ : “Lombo recheo con salsa de uvas”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 172

Serie. Hoxe, Lucía cre que Pedro non é de fiar, e quere convencer a súa nai para que volva ao Faro. Para descubrir quen é o verdadeiro Tomás Serrano decide investigar no pasado do cociñeiro. Pero Lucía non sabe que facer determinadas pesquisas conleva certos riscos. Víctor recibe a esperada chamada de Iturralde.

12:00
GALICIA ON Cap. 14: “Realidade virtual”

Programa que recolle iniciativas que lograron transformar novas ideas en valor nos distintos sectores produtivos galego. Amosaralles aos espectadores a industria da realidade virtual.
Falará de Ilux, que se encarga de xestionar os datos que continuamente se publican nas redes sociais e de CIS GALICIA, un centro tecnolóxico, situado en Ferrol, que ten a misión de aumentar a capacidade de innovación da industria galega.

12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador. Nas vindeiras semanas estará dedicado a Carlos Casares, ao que este ano se rende homenaxe no Día das Letras Galegas.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:45
FONTEALBA Cap. 169

Mateo segue a bicarse con Amalia cando ten oportunidade, pero hai alguén que os viu…
Paco quere saber que é o que lle pasa a Fran co diñeiro. Aurora quere abaratar custos e comeza a maquinar desfacerse do laboratorio que leva Asun. Asun non quere nin escoitar esa proposta.

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
17:45
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:05
PADRE CASARES Cap. 177: “Aceptación”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Hoxe, Miñato debe diñeiro e aos seus acredores xa non lles queda paciencia. Un matón persegue o chapuzas, día e noite, atormentándoo con ameazas graves. Asustado pola situación, recorrerá a Delmiro e a Rodrigo en busca dun traballo rápido que lle permita saldar a súa débeda e salvar o pelello. Pero non son bos tempos para atopar emprego.

19:10
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva

21:50
O TEMPO

22:00
LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e española. Soraya, A Roda, Tanxugueiras e Fiadeiro, entre os artistas convidados.

01:30
O MELLOR CHOCO DO MUNDO

As reporteiras do programa especial “O mellor choco do mundo”, Belén Vara e Ariadna Leis, viaxarán a Redondela para descubrir as excelencias dos que, para moitos, son os mellores chocos do mundo.

02:30
TELEXORNAL NOITE

02:40
FONTEALBA Cap. 169 (Rep.)

03:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

04:35
REPORTAXES ACTUALIZADOS: “Peixeira rural”

Serie de axustes extraídos do programa ACTUALIZAD@S.

04:45
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:45
A REVISTA (Rep.)

06:50
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto