As tropas da Garda Pretoriana participan no “Lvcvs Cvltvral”

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañou este mércores polo casco histórico, ás tropas da Guardia Pretoriana, que realizaron esta tarde un treito do Camiño de Santiago, entre a Ponte da Chanca e a Ponte Romana. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, organizado polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo, estreando este ano a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional.

En xornada de mañá, e tamén enmarcada dentro desta programación, tivo lugar, na Praza Maior, unha degustación e venda de pan romano, a cargo da Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo (AFAPAN). A edil achegouse a saudar aos panadeiros e panadeiras que ofreceron pan de centeo ou millo, con frutos secos ou pasas, entre outros.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto