O alcalde de Ourense pide a Fomento a estacion intermodal de Normal Foster

Animación do proxecto de Normal Foster co andén na parte inferior.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, vén de solicitarlle ao ministro de Fomento unha reunión de traballo para presentarlle á Comisión de Seguimento o proxecto da Estación Intermodal de Norman foster.

O alcalde ourensán remitiulle esta mañá a Íñigo de la Senra unha carta urxente co obxecto de que os axentes políticos, sociais, empresariais, económicos e empresariais da cidade coñezan, de primeira man, o proxecto. Argumenta o rexedor da cidade na súa misiva que é preciso que o Ministerio de Fomento clarexe as dúbidas que suscitaron na cidadanía as últimas actuacións en relación á estación intermodal.

O Concello de Ourense e, sobre todo, os cidadáns de Ourense, merecen coñecer con claridade todos e cada un dos pasos que se están a dar nunha infraestructura primordial e importantísima para esta cidade”, conclúe Jesús Vázquez no seu escrito remitido ao ministro de Fomento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar