TVG: O actor Antonio Velázquez e o humorista David Perdomo, hoxe no «Land Rober»

 


“Land Rober Tunai Show” (22.15 h.) recibe a visita de Velázquez, e non é o pintor, senón o popular actor Antonio Velázquez, coñecido polos seus papeis en series tan famosas como “O final do Camiño” emitida na Televisión de Galicia ou “Tierra de lobos” e “Sin tetas no hay paraiso”. O intérprete terá que sufrir todas as trasnadas do equipo do programa, o máis perigoso do audivosual español.

Por outra banda e por demanda do público, David Perdomo estará de volta. O humorista galego vai coñecor os Xubilados e vainos atender nun establemecemento moi especial, o McDowell’s.

Coma cada xoves no “Land Rober Tunai Show” haberá sorpresas, risas e tolería xunto cos presentador Roberto Vilar e os seus colaboradores Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán. Ademais, os espectadores deberán estar atentos esta noite porque calquera pode formar parte do concurso Amigo espabilado, que pon a proba os coñecementos do público.
A REVISTA

 

“A Revista” visita hoxe en Carballo o Rexenera Fest, un festival de arte urbana pública en que nove artistas tomaron distintas localizacións do centro urbano para ir creando as súas obras. Os murais realizados estes días xa son visibles nos edificios de diferentes puntos do concello. O programa tamén visitará na Coruña o Centro Canino Montegatto, onde falarán con Octavio Villazala, colaborador habitual do espazo, sobre a Lei de Protección e Benestar Animal que prohibe alimentar e recoller cans e gatos abandonados se non se conta con permiso municipal.

No estudio de gravación, o presentador Sevi Martínez conversará con Tino Gago, xerente da Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, das Xornadas Emprende Cooperativas de Santiago de Compostela, que teñen como obxectivo achegar unha visión actual sobre como fomentar e mellorar a inserción laboral de persoas desempregadas. Tamén estará no programa o colaborador Moncho Lemos para comentar as estreas da fin de semana nos cines.

tvG2
ZIGZAG DIARIO
“ZigZag Diario” dedica este xoves o espazo ao cine galego. O programa contará con reportaxes de varios filmes, mesmo algúns cos que a CRTVG colabora. O primeira, “A estación violenta” dirixida por Anxos Fazáns, é a adaptación da novela homónima de Manuel Jabois e ten coma protagonistas os actores galegos Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato; a segunda, “Rosalía” de Zaza Ceballos, narra a vida de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal, que será interpretada pola actriz Melania Cruz. Por outra banda, o programa falará de “Tempo Vertical”, de Lois Patiño, unha longametraxe de 90 minutos no que mestura documental e ficción.
Ademais, o cultural da tvG2 recibe no estudio a David Fidalgo, director do filme animado «Cartas a Superman», estreado recentemente no Festival de Cans e que narra a iniciativa dun neno de escribirlle a Superman para que coide do seu pai na guerra.

 

MINUTADO do 01/06/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

 

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclue o Faladoiro cos xornalistas José Luis Jiménez, Julián Rodríguez e María Méndez

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ «Espetada de peixe sapo con parmentier de pataca violeta»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:00
O FARO Cap. 181

Serie. Pasaron dúas semanas desde que Lucía e Ricardo decidiron casar. Agora a parella vive na casa de Carme e a convivencia provoca discusións entre a futura sogra e a nora.
Ademais, Lucía está moi nerviosa cos preparativos da voda, porque aínda non encontrou o vestido axeitado. No Faro, reciben a visita sorpresa de Pedro, que provoca o enfrentamento entre Fina e Ánxela. Os ánimos tamén están caldeados entre Erea e Ricardo, que discuten pola voda. Erea non pode crer que finalmente Ricardo acabe casando con Lucía. Lidia está desexando ver a Andrés, non ten a conciencia tranquila e quere aclararlle que non houbo nada entre ela e Gonzalo.

11:50
SOPA DE FESTA «Festa do salmón da Estrada»

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Hoxe, a Festa do Salmón da Estrada, unha celebración con moita sona e tradición na contorna. Ademais das propostas de petiscos que se serviron no mercado, as cámaras do programa visitaron o restaurante Nixon, un dos establecementos senlleiros na preparación do salmón. Da man do seu xerente, Ricardo Pablo Pérez, o programa coñeceu a ampla variedade de pratos con salmón que ofrecen na súa carta ao longo do ano.

12:20
REPORTAXES ACTUALIZADOS «Organizadora de eventos»

Serie de axustes extraidos do programa ACTUALIZAD@S.

12:30
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe «Adiantos Informativos».

13:40
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:45
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:40
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 178

Tras o primeiro bico entre Andrés e Carmela comezan os dous a ilusionarse pola relación. Amalia e Luís queren tomar un tempo de separación, queren deixar de estar a discutir todos os días e probar un tempo cada un polo seu lado. Lola necesita axuda para sacra adiante o exame de capacitación, que parece que está pensado para que a despidan.

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:40
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE «Quen leva a fama de estafador en LOUREDO?»

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES «Unha noite no inferno»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Os espectadores poderán ver como Miñato foi capturado por Delmiro. Ao principio, o chapuzas non se mostra moi colaborador, pero todo cambiará cando descubra a cara máis oculta de Urbano, convertido por un día en torturador. Ou algo parecido. Porque de todos é sabido que, entre os moitos talentos que ten Urbano, ningún ten que ver coa violencia física. O caso é que o traidor, é dicir, Miñato, non tardará moito en cantar. Delmiro, home de recursos en situacións desesperadas, descubrirá nel o colaborador necesario para acabar con Conchita de Tapeirán.

19:05
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50
O TEMPO

22:05
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:15
LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación.
O actor Antonio Velázquez e o humorista galego David Perdomo visitan o «Land Rober Tunai Show»

:

00:45
O CÍRCULO BLETCHLEY «Descifrando o código dun asasino parte III»

Serie. Catro mulleres que traballaron durante a Segunda Guerra Mundial descifrando códigos alemáns se reunen, nove anos despues, para resolver unha serie de asasinatos.

01:35
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

01:45
FONTEALBA (Rep.)

02:35
TI VERÁS (Rep.)

03:30
CASAMOS! «A historia de amor de Elvira e Oscar» (Rep.)

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Os espectadores coñecerán a Elvira e Óscar, que se atoparon en Fuerteventura. Desde o mesmo momento en que se cruzaron os seus camiños, ela botoulle o ollo. Cada un marchou para a súa cidade e desde León e A Coruña comezaron unha relación pola Internet que acabou en reencontro. Óscar tivo ganas de voda desde o principio, pero a Elvira pareceulle prudente agardar un pouco e consolidar o seu noivado.

04:25
REPORTAXES «VIVIR AQUÍ» «Reciclaxe coches»

04:35
MAR DE FONDO

04:40
SONS NA NOITE

05:00
NOITE DE JAZZ

05:40
A REVISTA (Rep.)

06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar