A música e o deporte pecharon en Santiago as Festas da Ascensión

As festas de Santiago de Compostela chegaron a súa fín con actividades para todos os públicos, entre elas o deporte, que  continúa a ser unha das apostas destes festexos co Campionato Galaico-Portugués Sub 17 masculino, que tivo lugar no Pavillón Municipal de Vite.

O domingo de Ascensión veu protagonizado tamén polo concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño. Celebraron un concerto «á carta» composto polas obras elixidas polo público asistente..

O Teatro de Xavier Castiñeira pechou a sua presencia no Teatro Principal cun último pase, de Voaxa e Carmín, unha obra que recrea a vida de Maruxa e Coralia a través das magníficas interpretacións de Mabel Rivera e Belén Constenla e o texto de Esther F. Carrodeguas.

Ademais, pechouse o ciclo Compostela é! Música coa actuación, na praza do Toural, de Gergelyes, que achegou  a cultura húngara a través do seu folk e dos seus bailes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar